Francisco Llano de la Encomienda, nado en Ceuta en 1877, finado na Cidade de México o 31 de decembro de 1963, foi un militar español leal á Segunda República.

Nado en Ceuta en 1877, ingresa na Academia Militar de Toledo con catorce anos, da que sairá co grao de alférez tres anos despois. Combina destinos peninsulares e en África, e cando se proclama a República posiciónase como un dos seus defensores. Durante a etapa republicana ascende de rango pouco a pouco, e en 1936 o Goberno do Fronte Popular encomendaralle o mando da 4ª División Orgánica con sede en Barcelona. Dada a lealdade probada do xeneral cara ao goberno, a sublevación militar do 18 de xullo faise ás súas costas, e cando estala vese incapaz de controlala mediante a aplicación da súa autoridade como máximo mando militar da división, sendo detido a punta de pistola por un dos seus oficiais sublevados.

Tras o fracaso da rebelión militar en Cataluña é posto en liberdade, concedéndolle o goberno a xefatura do Exército do Norte ata xuño de 1937. Ocupará cargos administrativos ata o final da guerra, tras a cal se exilia á Cidade de México, na que falecerá en 1963

Categoría:Militares da guerra civil española leais á República Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1963