Tauere é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, incluído na comuna de Hao. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 85 km ao noroeste de Hao.

Xeografía

É un atol pequeno de forma cadrada, de 8 km de longo, e unha superficie total de 2 km². A lagoa interior ten dous pasos ao océano. Está deshabitado, sen ningunha infraestrutura.

Historia

Foi a décima illa que descubriu Pedro Fernández de Quirós, en 1606, chamándoa Dezena. En 1772, Domingo Bonaechea chamouna San Simón e Xudas. Outro nome histórico é Resolution.

Categoría:Atois de Tuamotu