O círculo é unha rexión do plano delimitada por unha circunferencia e, por tanto, ten asociada unha área. Un círculo é o lugar xeométrico dos puntos do plano cuxa distancia a outro punto fixo, chamado centro, é menor ou igual que unha cantidade constante, chamada raio.
En ocasións «círculo» confúndese (fundamentalmente en textos en inglés) con «circunferencia», sendo esta última o seu bordo, é dicir, a curva perimetral que o determina e que só posúe lonxitude.
Partes dereita|150x150px Elementos do círculo compartidos coa circunferencia por ser o seu perímetro:
O centro coincide co centro da súa circunferencia e, por tanto, equidistante a todos os puntos desta. Letra na figura. Un raio é calquera segmento que une o centro cun punto da súa circunferencia. Letra na figura. A súa lonxitude é a metade que a do diámetro. Un diámetro é calquera segmento que une dous puntos da súa circunferencia pasando polo seu centro. Letra na figura. O perímetro é o contorno do círculo. Letra na figura.
dereita|200x200px
Unha corda é calquera segmento que une dous puntos da súa circunferencia. O diámetro é unha corda de máxima lonxitude. O segmento verde na figura é unha corda. Un arco é calquera porción da súa circunferencia delimitada por dous puntos sobre esta. Liña curva azul na figura. Unha frecha respecto unha corda é o segmento da súa mediatriz que hai entre esta corda e o arco que determina esta, sen pasar polo centro. Segmento marcado en vermello na figura.
Perímetro O perímetro dun círculo é o da súa circunferencia e en función do raio , ou do diámetro , ten o valor:
onde é a constante pi, da circunferencia.
Área A área dun círculo ten o valor
Propiedades
Só as rectas que conteñan o centro do círculo poden ser un eixo de simetría deste. Os círculos son invariantes a calquera rotación co eixo no centro deste círculo.
Posicións relativas respecto o círculo
Rectas dereita|150x150px
Unha recta exterior é calquera recta que non ten puntos en común co círculo. Letra na figura. Unha recta tanxente é calquera recta que toca ao círculo nun único punto. Letra na figura con punto tanxente . Unha recta secante é calquera recta que divide ao círculo en dúas partes. Letra na figura e os puntos de intersección e .
Chámase punto de tanxencia a cada punto que comparte o círculo con algún elemento tanxente, que precisamente toca o círculo nun único punto.
Toda recta tanxente a un círculo é perpendicular ao raio que contén o punto de tanxencia.
Entre círculos dereita|401x401px
Un círculo é disxunto a outro, se non ten puntos comúns co outro. Figura 1. Un círculo é tanxente exterior a outro, se teñen un único punto común nos seus bordos e, por tanto, todos os demais puntos de un son exteriores ao outro. Figura 2. Un círculo é interior a outro se, todos os seus puntos son comúns ao outro, é dicir, o conxunto dos seus puntos están contidos no outro. Figura 5. Un círculo é tanxente interior a outro, se é interior e ten un único punto común nos seus bordos. Figura 4. Son excéntricos os círculos que non teñen o mesmo centro. Figura 4. Son concéntricos os círculos que teñen o mesmo centro, é dicir, os que non son excéntricos. Figura 5. Son coincidentes os círculos que teñen o mesmo centro e o mesmo raio, é dicir, que todos os puntos dun son os do outro e viceversa, e por tanto indistinguibles.
Os centros dos círculos tanxentes están aliñados co punto de tanxencia.
Ángulos nun círculo dereita|200x200px
Un ángulo central é o que ten o seu vértice no centro do círculo. Un ángulo inscrito é o que ten o seu vértice sobre o bordo do círculo e cada lado determina unha corda sobre este. Un ángulo semi-inscrito é o que ten o seu vértice sobre o bordo do círculo e un dos seus lados secantes determina unha corda e o outro determina unha recta tanxente ao círculo, é dicir, que o vértice é un punto de tanxencia.
Rexións circulares dereita|400x400px
O semicírculo é calquera parte do círculo delimitada por un diámetro e o arco ou semicircunferencia que determina este diámetro sobre a súa circunferencia. Figura 2. O segmento circular é calquera parte do círculo delimitada por unha corda e un dos arcos que determina esta corda sobre a súa circunferencia. Figura 3. O segmento circular de dúas bases, é calquera parte do círculo delimitada entre dúas cordas paralelas e os arcos que determinan estas sobre a súa circunferencia. Figura 4. O sector circular é calquera parte do círculo delimitada por dous raios e o arco que determinan estes lados sobre a súa circunferencia, por tanto, está unívocamente determinada por un ángulo central. Figura 5. A coroa circular é a rexión do plano delimitada entre dúas circunferencias concéntricas, exterior á de raio menor e interior á de raio maior. Figura 6. O trapecio circular é calquera parte da coroa circular delimitada por un ángulo central. Figura 7. A lúnula é calquera rexión do plano delimitada por dúas circunferencias secantes, interior a unha e exterior á outra. Figura 8.
Círculo en topoloxía Múdase o uso de círculo polo de disco ou máis en xeral bóla para analizar ou fundamentar espazos topolóxicos con máis precisión.
Unha bóla pechada centrada en e raio vén dada por . Esta sería a definición equivalente a círculo onde o centro é o punto e raio o valor .
Atención a distintos convenios para o significado da hiperesfera ou "n-esfera". Na xeometría, a superficie da esfera é chamada 3-esfera, mentres que na topoloxía refírense a ela como 2-esfera.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Circunferencia Sección cónica Elipse Parábola Hipérbole
Ligazóns externas Círculo, en Descartes, do Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte de España Círculo y circunferencia en webdelprofesor.ula.ve, de la Universidad de Los Andes, Venezuela (acc. 17-03-09) (acc. 17-03-09) (acc. 17-03-09)
Categoría:Cónicas Categoría:Topoloxía Categoría:Símbolos