O 4 de novembro é o 308º día do ano do calendario gregoriano (309º nos anos bisestos). Quedan 57 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1605: en Inglaterra destapase a Conspiración da pólvora. 1918 - O imperio austro-húngaro réndese a Italia. 1921 - Creación oficial das SA ou Sturmabteilung ("Sección de asalto"). 1922 - En Exipto, o arqueólogo británico Howard Carter e os seus homes achan a entrada para a tumba do faraón Tutankhamon no Val dos Reis. 1942 - II guerra mundial: segunda batalla de El Alamein: o mariscal Erwin Rommel desobedece ordes directas de Adolf Hitler para resistir en El-Alamein e inicia unha retirada, que duraría cinco meses e terminou coa rendición das potencias do Eixe. 1944 - Segunda guerra mundial: réndense as tropas de ocupación alemás e italianas en Grecia. 1946 - Fundación da UNESCO. 1952 - Rusia: Un tremor de magnitude 9,0 xerou un tsunami que golpeou as illas hawaianas. Non houbo mortos. 1952 - Créase oficialmente a NSA (''Axencia de Seguridade Nacional``), organización de espionaxe estadounidense. 1978 - As Cortes aproban o Estatuto de Autonomía de Galicia. 2008 - O demócrata Barack Obama vence ao republicano John McCain nas elección presidenciais de Estados Unidos.
Nacementos miniatura|100px|A Bela Otero. miniatura|100px|Ramón Suárez Picallo. 1798 - Bonaventura Carles Aribau, escritor e economista catalán (m. 1862). 1868 - A Bela Otero, actriz e bailarina galega (m. 1965). 1873 - George Edward Moore, filósofo británico (m. 1958). 1894 - Ramón Suárez Picallo, xornalista e político galego (m. 1964). 1897 - Cipriano Mera, dirixente anarcosindicalista español (m. 1975). 1900 - Francisco Marcos Raña, escritor, xornalista e militar galego (m. 1985). 1901 - Bangja, foi unha princesa xaponesa, casada co xefe da casa real de Corea, Lee Eun.(m. 1989) 1907 - Pilar Primo de Rivera, fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange (m. 1991). 1920 - Ricardo Portela, gaiteiro galego. 1946 - Robert Mapplethorpe, fotógrafo estadounidense (m. 1989). 1948 - Amadou Toumani Touré, presidente de Malí. 1948 - Francisco Calo Lourido, antropólogo e arqueólogo galego. 1948 - Fernando Almansa, diplomático andaluz. 1965 - Lois Xosé Pereira, escritor galego. 1972 - Luís Figo, futbolista portugués. 1974 - Cedric Bixler, músico estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Felix Mendelssohn. miniatura|100px|Francisca Herrera Garrido. 711 - Xustiniano II, emperador bizantino (n. 669). 1847 - Felix Mendelssohn, pianista e compositor alemán (n. 1809). 1924 - Gabriel Fauré, compositor, pedagogo e organista francés (n. 1845). 1930 - Ángel Amor Ruibal, pensador galego (n. 1869). 1950 - Francisca Herrera Garrido, escritora galega (n. 1869). 1970 - Friedrich Kellner, socialdemócrata e escritor alemán (n. 1885). 1995 - Isaac Rabin, político de Israel, asasinado por un fanático durante un mitin. 1995 - Gilles Deleuze, filósofo francés. 2011 - Norman Foster Ramsey, físico estadounidense (n. 1915).
Festas e celebracións Día Internacional da ciencia en galego.
Outros Santoral: San Carlos Borromeo, bispo.
Os 366 días do ano
04