O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.
Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á coroa de Portugal nin á de España. Entre os dereitos e privilexios do Couto Mixto atopábanse os de asilo ós fuxidos da xustiza portuguesa ou española, non dar soldados nin a un reino nin ó outro, exención de impostos, liberdade de comercio (como o do sal, obxecto de estanco),O réxime de estanco consistía na prohibición da produción e venda libre de determinados produtos controlados polo Estado, que fixaba prezos, taxas e puntos de venda autorizados. liberdade de cultivos (como o tabaco, obxecto de estanco), liberdade de elixir a nacionalidade española ou portuguesa para os seus habitantes, e outros.
Esta situación, moi antiga, foi cualificada de anómalaO Tratado de Lisboa (1864) no seu preámbulo: e, tanto España como Portugal, determinaron unanimemente que non se podía manter, por ser particularmente propicia ó contrabando e por acolleren tamén neses terreos bandos de malfeitores. Coa firma e entrada en vigor do Tratado de Lisboa, no 1868, os seus dominios quedaron baixo a soberanía de España.O Tratado de Lisboa (1864) no seu Artigo VII: En contrapartida, pasaron á soberanía de Portugal as chamadas aldeas promiscuas (Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos). O territorio do Couto Mixto aínda incluía unha pequena tira deshabitada, dedicada a pastos, que quedou integrada no municipio portugués de Montalegre.
Etimoloxía Couto deriva do latín cautum "[lugar] cercado (para poder defendelo mellor)".Moralejo Laso (1977), p. 41 Cautum é moi abundante na documentación medieval latina de Galicia para significar terreos asegurados ou limitados. Tanto no nomenclátor de Galicia como no de Portugal hai moitos lugares con este nome ou derivados (Coutiño, Coutelo...).
Mixto deriva do latín mixtuEtimoloxía de no Digalego "mesturado, constituído por elementos de distinta clase". Por razóns estratéxicas inherentes ós respectivos modos de vida, algúns dos habitantes do Couto Mixto aceptaban ser presentados como portugueses e outros como españois, mais non se consideraban como suxeitos de ningunha das dúas coroas.
Historia miniatura|esquerda|Castelo da Picoña, no Livro das Fortalezas, prancha n.º 101. Duarte de Armas (c. 1509). miniatura|280px|O Couto Mixto no mapa de José de Castro López sobre A Raia (1863). Apréciase a «estrada neutral» ou camiño privilexiado. Límites do Couto Mixto Fronteira pretendida polos españois Fronteira pretendida polos portugueses ++++ Fronteira non-cuestionada O Couto Mixto constitúese como tal e comeza a formarse arredor do século XII, no 1147, porén a súa creación é anterior. A súa orixe remóntase a independencia da coroa de Portugal do Reino de Galicia, quedando as fronteiras de xurisdición pouco claras ou nada precisas e ficando os pobos fronteirizos nunha situación política ambigua. O Couto Mixto naceu na Baixa Idade Media ligado ó castelo da Picoña, vinculado co tempo á casa de Bragança.
Estaba inicialmente composto por catro lugares: Santiago, Rubiás, Meaus e Pena. Este último, situado entre os de Santiago e Vilar (na parroquia de Randín), foi arrasado polas lapas entre os anos 1517 e 1518, cando un grupo armado portugués procedente dos castelos próximos prendeu lume ás casas na escuridade da noite. Nesa altura existían na zona conflitos de todo tipo e constantes accións violentas. Estaban enfrontados, pola banda portuguesa, os alcaides dos castelos da Picoña, Antonio de Araújo e, de Montalegre, Lançarote Gonçalves; e, pola galega, o meiriño do Salas, Pedro Sival, ó servizo do conde de Monterrei. Os galegos chegaron a denunciar en territorio portugués polo menos 28 agresións. A destrución do lugar de Pena provocou a fuxida dos superviventes e o seu abandono. Así e todo, as estruturas orixinais ―catro casas con instalacións auxiliares, 9 en total― aínda son recoñecibles sobre o terreo. O acontecemento pasou á tradición oral e difundiuse até a actualidade. Cóntase que a negación dos labregos a pagaren as fanegas de centeo e os beneficios do sal orixinou que os señores do castelo da Picoña enviasen homes dacabalo que queimaron as casas e mataron todos os homes. As mulleres que ficaron vivas e mais os cativos refuxiáronse en Santiago e Rubiás. Existe algunha versión alternativa, como que os responsables foron os habitantes de Rubiás en vinganza pola apropiación das súas zonas de pasto, de xeito que os sobreviventes se dirixiron para aldeas como Xermeade (Muíños).
En 1518, por causa da continuación dos enfrontamentos entre as xentes de Barroso e Randín, os habitantes do Couto procuraron apoio no conde de Monterrei, apoio que se mantería até a fin do Couto. Un documento de 1530 define os lugares de Santiago e Ruvyaes como mistigos de Portugal e Gallyza.Braamcamp Freire, 1909: Ese mesmo ano, segundo o «numeramento» mandado realizar polo rei Xoán III de Portugal, Rubiás tiña 17 veciños, Santiago 7 e Meaus 8, 32 veciños que equivalerían a uns 128 habitantes en total. Consta tamén documentado que en 1540 houbo que ratificar os acordos de 1518, ante a persistencia dos conflitos entre os mixtos e os veciños da Raia.
O Ministerio de Facenda da Monarquía Hispánica propúxolle a Portugal en 1785 que de forma conxunta se procedese á destrución total do tabaco e dos seus muíños. Posteriormente insistiu nesta iniciativa o conde de Floridablanca, ministro de España, quen escribiu ó embaixador español en Lisboa, o conde de Fernán Núñez, para que mediante os seus bos oficios conseguise da coroa portuguesa o consenso na prohibición do cultivo e aprehensión das colleitas de tabaco do Couto Mixto. O conde de Floridablanca, preocupado polo cultivo e a venda de tabaco exento de impostos, describía os habitantes do Couto Mixto como "independentes das dúas coroas" e "feroces asasinos, contrabandistas, e receptadores e auxiliadores de todo malfeitor que se refuxia a eles". En Portugal o desembargador, corrixidor e provedor da comarca Francisco de Almada e Mendonça coincidía co anterior e destacaba a "independencia que se ten arrogado, cultivan e venden tabaco". Emporiso, os habitantes do Couto de natureza lusa pagábanlle a Portugal 2 400 cruzados de imposto para poder cultivar tabaco, o que non deixaba de ser un abuso en relación cos seus privilexios.
No transcurso das Guerras Napoleónicas, en 1809, as tropas francesas de Soult na súa fuxida do exército anglo-luso comandado por Wellington, destruíron tódolos documentos contidos na Arca das tres chaves. Coa perda de toda a documentación non é posible esclarecer historicamente a orixe da instauración do Couto Mixto. En 1819 asinouse no adro da Igrexa de Santiago un documento que recoñecía os privilexios do Couto e se ligaba á casa de Bragança e á diocese de Ourense, da que dependían espiritualmente e constituían unha única parroquia, pertencendo tamén Tourém á devandita diocese.
A mediados do século XIX partidas carlistas entraron en distintas ocasións no Couto Mixto. En 1847 un continxente militar portugués de 700 soldados seguidos por arredor de 300 mulleres, mandado polo xeneral Saldanha e perseguido por outras forzas portuguesas pernoctou unha noite no Couto. Os homes repartíronse entre as tres aldeas e marcharon o día seguinte. Arredor de 1850 a prohibición de comerciar con tabaco fíxose efectiva. Tan só se permitía un máximo de trescentos pés de tabaco ó ano para autoconsumo e impoñíanse multas por cultivar tabaco que non fose para uso exclusivo dos veciños. Ó parecer nos últimos anos de existencia do Couto era frecuente a destrución das plantacións de tabaco por parte de autoridades de Montalegre, efectuadas no mes de agosto, ás veces coa axuda das autoridades españolas.
350px|esquerda|miniatura|Detalle da Carta topográfica do Julgado de Montealegre (1836), asinada por Fidencio Bourman, onde poden verse o Couto misto (Miaus, Rubias, S. thiago), Castello da Piconha, Tourem, río Salas, Serra de Larouco, Reino de Galliza e Montealegre entre outros
Disolución
En 1851 formouse a Comisión Mixta que tería que dirimir os límites entre os dous estados. Esta Comisión visitou as terras do Couto Mixto e das aldeas promiscuas en xullo de 1856 pero non se chegou a acordo ningún porque os portugueses propoñían dividir o Couto seguindo o leito do río Salas, de modo que Santiago e Rubiás pasasen a ser portuguesas e Meaus española. O representante da delegación española, Fidencio Bourman, negouse a esta pretensión argüíndo que a negociación territorial era competencia dos respectivos gobernos e que tiña que resolverse por vía diplomática. En 1863 houbo unha segunda proposta, tamén rexeitada, segundo a cal Santiago pasaría tamén a España. Asemade, os habitantes do Couto Mixto elixiron a Delfín Modesto Brandón en xaneiro de 1863 como Xuíz para tentar pór fin ós abusos continuos e á violación da soberanía cometida polas autoridades portuguesas e españolas.Brandón (1907), p. 21.
miniatura|Detalle do plano que manifesta a situación dos pobos do Couto Mixto, de Alejo Andrade Yáñez, onde poden verse Meaus, Rubiás (Sª Mª) e Rubiás (Santº), xunto a Torey, Calvos de Randin, Sierra de Pena e Reyno de Portugal entre outros. Século XIX. Por fin, o 29 de setembro de 1864 presentouse e asinouse o Tratado de Lindes que remataba definitivamente coa institución do Couto Mixto. España entregaba, a cambio dos lugares que constituían o Couto Mixto, as tres aldeas promiscuas a Portugal: Soutelinho da Raia, Lamadarcos e Cambedo. Estes tres lugares están situados poucos quilómetros ó leste do Couto, sobre a mesma raia fronteiriza e vivían nunha situación parecida, pero sen os privilexios que caracterizaban o Couto Mixto. Á marxe de establecer a territorialidade española do Couto Mixto e portuguesa das aldeas promiscuas, o Tratado deu un prazo dun ano para que os habitantes destes lugares optasen definitivamente pola nacionalidade da súa preferencia.
Delfín Modesto Brandón renunciou ó cargo cando a disolución do territorio era inevitable, foi sucedido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio. A ratificación do tratado e a entrega dos territorios a España foi celebrada o 23 de xuño de 1868 na igrexa de Santiago. Os días 27 de xuño en Soutelinho e 28 do mesmo mes en Cambedo e Lamadarcos, nunha cerimonia similar, realizouse o acto oficial da entrega das aldeas promiscuas ó goberno portugués. A vixencia do Tratado dos Lindes entrou definitivamente en vigor o 5 de novembro de 1868.
Actualmente, Cambedo pertence a Montalegre, Soutelinho e Lamadarcos a Chaves. As tres aldeas do Couto Mixto foron nun principio asimiladas ó concello de Baltar pero os habitantes de Santiago e Rubiás, máis relacionados con Calvos de Randín, reclamaron a súa inclusión neste segundo concello, o que lles foi concedido pola Deputación de Ourense o 29 de maio de 1870, que creou para tal efecto a parroquia de Rubiás dos Mixtos. En 1906, os gobernos español e portugués recoñeceron terreos para pasto comunal, para uso de gandeiros dos dous lados da fronteira, sen que iso modificase o trazado da antedita fronteira.
Cultura Tradición oral miniatura|250px|A arca das tres chaves.