Polígonos Nome Número de lados monógonoMonogon 1 dígonoUn dígono é un polígono de dous lados curvilíneos (ver ) 2 triángulo 3 cuadrilátero 4 pentágono 5 hexágono 6 heptágono 7 octógono 8 enneágono 9 decágono 10 hendecágono 11 dodecágono 12 tridecágono 13 tetradecágono 14 pentadecágono 15 hexadecágono 16 heptadecágono 17 octodecágono 18 eneadecágono 19 isodecágono 20 triacontágono 30 tetracontágono 40 pentacontágono 50 hexacontágono 60 heptacontágono 70 octacontágono 80 eneacontágono 90 hectágono 100 chiliágono 1000 miriágono 10 000 megágono 1 000 000

Un polígono é unha figura plana limitada por unha liña poligonal pechada sen interseccións entre os segmentos que a forman (exceptuando vértices extremos). O polígono será regular se tódolos lados teñen a mesma lonxitude e tódolos ángulos internos son iguais, e será irregular noutro caso. Os polígonos teñen o mesmo número de lados que de ángulos (por omisión, ó falar de ángulos dun polígono acostumamos referirnos só ós ángulos internos, referencia asumida na afirmación anterior).

Se n é o número de lados, o número de diagonais dun polígono está dado por .

É frecuenta en referencias xenéricas chamar n-gono (n-gon en inglés) a un polígono de lados.

Etimoloxía A verba polígono procede do grego antigo πολύγωνον (polygōnon), de poli (πολύς), "moitos" e gonos (γωνία), "ángulo".

Clasificación dos polígonos

Os polígonos clasifícanse polo número dos seus lados como se ve na táboa da dereita.

Pola forma do seu contorno debúllase a seguinte clasificación: Polígono Simple Convexo Regular Irregular Cóncavo Complexo

simple, se dúas das súas arestas non consecutivas non se cortan, complexo, se dúas das súas arestas non consecutivas se cortan; convexo, se ao atravesalo unha recta córtao nun máximo de dous puntos, cóncavo, se ao atravesalo unha recta pode cortalo en máis de dous puntos; regular, se ten os seus ángulos e os seus lados iguais, irregular, se ten os seus ángulos e lados desiguais; equilátero, o que ten todos os seus lados iguais, equiángulo, o que ten todos os seus ángulos iguais. rectilíneo, se todos os seus lados son segmentos rectos, curvilíneo, se polo menos un dos seus lados é un segmento curvo.

Polígonos regulares

80px|dereita|miniatura|Cadrado, cuadrilátero regular. 80px|dereita|miniatura|Pentágono regular.

Os polígonos que teñen tódolos seus lados coa mesma lonxitude e todos os seus ángulos iguales chámanse polígonos regulares. A área dun polígono regular pode ser calculada da seguinte forma: Supoñendo que:

A = Área n = número de lados l = lonxitude dun dos lados a = apotema Cúmprense as seguintes relacións:

Polígonos irregulares

80px|dereita|miniatura|Triángulo escaleno. Os polígonos irregulares son aqueles que non teñen tódolos lados e ángulos iguais. O cálculo da área dun polígono irregular pódese facer dividíndoo en polígonos menores (habitualmente triángulos), sendo a superficie total a suma das áreas de todos eles. Se o polígono é regular, este cálculo é , sendo p o seu perímetro (igual ó número de lados pola lonxitude dun deles) e a o apotema.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Polígono, en webdelprofesor.ula.ve Eric W. Weisstein, Polygon at MathWorld. Geometria: Polígonos e triângulos