Manuel Castelín, alcume de José Manuel Costas Durán, nado en Comesaña, Vigo, en 1949 é un pintor e escritor galego.
Traxectoria Participou na creación das primeiras revistas de Comic underground español dos 70. Logo percorreu Europa, América Central e América do Sur con exposicións de pintura e concertos sincrónicos (pintura e música ao vivo). Alí interesouse polo espiritismo afrobrasileiro e o xamanismo amazónico. En Mapiá e Anhangás, na Amazonia, conviviu co pobo de Juramidán, investigando os arquetipos que conforman os modelos subconscientes de evolución, que lle inspiraron a súa obra pictórica de mocidade Estelas del Peregrino, e os libros La Bebida del Poder, La Llamada de Acuaria e La Guerrera.
A partir de 1991 viviu en Comesaña e Mallorca. Neses anos escribiu un libro en galego, Viaxe de Orfeo ao fin do mundo. En 2005 trasladouse a vivir na comunidade alternativa de Aldeafeliz, nos arredores de Bogotá, Colombia.
Véxase tamén Ligazóns externas blog de Manuel Castelín
Categoría: Pintores de Galicia do século XX Categoría: Escritores en lingua castelá Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados en Vigo Categoría: Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes