Malampa é unha das seis provincias de Vanuatu, situada no centro do país. Consta de tres illas principais: Malakula, Ambrym e Paama, e toma o seu nome da primeira sílaba dos seus nomes. Inclúe outras illas: as pequenas illas de Uripiv, Norsup, Rano, Wala, Atchin e Vao fronte á costa de Malakula, e a illa volcánica de Lopevi (actualmente deshabitada). Tamén se inclúen as Illas Maskelynes e algunhas illas máis pequenas ao longo da costa sur de Malakula.

Poboación Ten unha poboación de 36.722 habitantes (censo de 2009)2009 Census Summary release final - Government of Vanuatu persoas e unha superficie de 2.779 km2. A súa capital é Lakatoro en Malakula.

Illas

Nome Poboación Superficie en km2 Akhamb 646 Ambrym 7,275 678 Arseo 0 Atchin 738 Avock 241 Khoti 14 Lopevi 0 Malakula 22,934 2,041 Illas Maskelynes 1,022 Norsup 88 Paama 1,627 Rano 304 Tomman 253 Uri 28 Uripiv 384 Vao 898 Wala 270

Notas

Véxase tamén

Categoría:Provincias de Vanuatu