Thomas Jeffrey "Tom" Hanks, nado o 9 de xullo de 1956 en Concord (California) é un actor estadounidense gañador dos Premios Óscar e do Globo de Ouro, considerado un dos máis versátiles e talentosos do cine.

Traxectoria Os seus pais divorciáronse cando tiña apenas cinco anos. Viviu co seu pai, que era cociñeiro, e que cambiaba constantemente de lugar de traballo e de parella. Por iso é polo que Hanks viviu en diferentes cidades e estados do país, ata que se asentou en Oakland (California).

Tom Hanks comezou a actuar en obras teatrais no instituto e posteriormente na universidade de Sacramento. Pouco despois trasladouse a Nova York, onde coñeceu á que sería a súa esposa, a actriz teatral Samantha Lewes. A voda levarona a cabo en 1978, pero tras uns anos de matrimonio, nos que tiveron dous fillos, divorciáronse en 1985.

A primeira película de Tom Hanks foi o filme de terror Hei knows you're alone, en 1980. Posteriormente encasillouse durante uns anos no xénero da comedia. A popularidade chegoulle cando apareceu na película 1, 2, 3... Splash, de 1984, á beira de Daryl Hannah.

En 1988 Hanks contraeu matrimonio por segunda vez, coa actriz Rita Wilson, á que coñeceu na rodaxe da película Volunteers (1985), e con quen tivo outros dous fillos. Con Forrest Gump acadou a fama e converteuse nun dos actores máis solicitados dos últimos anos.

Tom Hanks gañou dous Oscar por Filadelfia (1993) e por Forrest Gump (1994), e foi nomeado noutras tres ocasións por Big (1988), Saving Private Ryan (1998) e Cast Away (2000). Tamén conseguiu catro Globos de Ouro e dous nomeamentos adicionais a este premio.

Logo de realizar algúns episodios de series televisivas como Talles from the Crypt, Tom Hanks debutou en 1996 como director de longametraxes con That Thing You Do!.

Filmografía destacada Como actor Saving Mr. Banks (2013) Captain Phillips (2013) O atlas das nubes (2012) Tan forte e tan preto (2011) Larry Crowne (2011) Toy Story 3 (2010) (voz) Angels & Demons (2009) The Great Buck Howard (2009) The Simpsons Movie (2007) (voz) Charlie Wilson's War (2007) The Da Vinci Code (2006) The Polar Express (2004) (voz) The Terminal (2004) The Ladykillers (2004) Catch Me If You Can (2002) Road to Perdition (2002) Cast Away (2000) A milla verde (1999) Toy Story 2 (1999) (voz) Tes un correo (1998) Saving Private Ryan (1998) That Thing You Do! (1996) Toy Story (1995) (voz) Apollo 13 (1995) Forrest Gump (1994) Filadelfia (1993) Algo para recordar (1993) A League of Their Own (1992) Radio Flyer (1992) Joe Versus the Volcano (1990) The Bonfire of the Vanities (1990) Turner & Hooch (1989) The 'burbs (1989) Punchline (1988) Big (1988) Dragnet (1987) Every Time We Say Goodbye (1986) Nothing in Common (1986) The Money Pit (1986) The Man with One Red Shoe (1985) Volunteers (1985) Bachelor Party (1984) Splash (1984) He Knows You're Alone (1980)

Como director The Wonders (1996)

Como produtor The Polar Express (2004) Connie and Carla (2004) My Big Fat Greek Wedding (2002) Band of Brothers (2001) Cast Away (2000)

Premios Óscars Ano Categoría Película Resultado2000Óscar ó mellor actorCast AwayCandidato1998Óscar ó mellor actorSaving Private RyanCandidato1994Óscar ó mellor actorForrest GumpGañador1993Óscar ó mellor actorFiladelfiaGañador1988Oscar ó mellor actorBigCandidato

Globos de Ouro Ano Categoría Película Resultado2000Globo de Ouro ó mellor actor - DramaCast AwayGañador1998Globo de Ouro ó mellor actor - DramaSaving Private RyanCandidato1994Globo de Ouro ó mellor actor - DramaForrest GumpGañador1993Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalAlgo para recordarCandidato1993Globo de Ouro ó mellor actor - DramaFiladelfiaGañador1988Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalBigGañador Premios Emmy Ano Categoría Serie Resultado2002Mellor miniserieBand of BrothersGañadorMellor dirección nunha miniserie, telefilme ou especial dramáticoBand of Brothers{Gañador

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Concord, California Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia portuguesa Categoría:Óscar ó mellor actor