Joao Fernando Nelo, máis coñecido como Fernando Baiano, nado en São Paulo o 18 de marzo de 1979, é un futbolista brasileiro. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Mogi Mirim.
Traxectoria Dianteiro centro desde moi pequeno, comezou a xogar no Corinthians, onde en 1999 gañou o primeiro Mundial de Clubs. Despois fichou polo Internacional (2002), polo Flamengo (2003) e polo Wolfsburgo (2004); deixando ver en todos os seus novos equipos detalles de calidade.
Pero a súa definitiva afirmación tívoa no Málaga CF, onde marcou 9 goles en 17 partidos convertendo a un Málaga agónico nun equipo de media táboa. Ó final da tempada Fernando non renovou co Málaga e fichou polo Celta de Vigo logo de protagonizar unha longa negociación co Celta e Deportivo da Coruña durante todo o verán.
Tras dúas temporadas no Celta, nas que acadaría unha clasificación para a copa da UEFA e unha vez consumado o descenso do equipo vigués á Segunda División, Baiano fichou polo Real Murcia o 1 de agosto de 2007.
Alcume Debe o seu alcume ó seu primeiro adestrador, que non acordándose do seu nome chamouno así "Ei, ti, o Baiano" pensando que a rexión da cal proviña era a de Baía. Non era así, pero o seu alcume nunca cambiou e para todos pasou a chamarse Fernando Baiano.
Palmarés Campionatos nacionais Campionato PaulistaCorinthians1999Campionato Brasileiro de FútbolCorinthians1999 Copas internacionais TítuloEquipo (*)PaísAnoCopa Mundial de Clubs da FIFACorinthians2000
(*) Incluíndo a Selección
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do VfL Wolfsburg Categoría:Xogadores do AD São Caetano Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Al-Jazira Club Categoría:Xogadores do Al Wahda SCC Categoría:Xogadores do São Bernardo FC Categoría:Xogadores do Mogi Mirim EC