Julie Roberts, nada como Julie Fiona Roberts en Smyrna (Xeorxia) o 28 de outubro de 1967, é unha actriz estadounidense gañadora dos premios Oscar e Globo de Ouro.
Traxectoria Os seus pais, antes de que ela nacese, mantiveran un taller de interpretación. Divorciáronse en 1971. O pai, Walter, era vendedor e mantivo sempre con Julia unha relación moi profunda. Morreu de cancro en 1976, cando ela apenas contaba nove anos, o que a afectou profundamente.
Julia ten dous irmáns, o popular Eric Roberts (1956) e Lisa (1965), que tamén son actores. Ten tamén unha medio irmá: Nancy. Julia asistiu á escola primaria de Fitzhugh, continuou os seus estudos en Griffiny finalizounos na High School de Campell, todas elas na propia Smyrna. Sempre quixo ser veterinaria, pero terminou estudando xornalismo, trasladouse con Lisa a Nova York e iniciou a súa carreira de actriz en 1987 cun pequeno papel en Firehouse. Custoulle conseguir outro traballo, ata que o seu irmán Eric, falou con Peter Masterson para que lle dese un papel no drama Blood Red, que non triunfou. A película ía ser dirixida polo propio Eric e o veterano Dennis Hopper.
Debutou na pantalla grande en Mystic Pizza (1988). En 1990, xunto a Richard Gere interpretou a unha prostituta en Pretty Woman, co que obtivo un nomeamento ó Oscar. O seu entrañable personaxe en Pretty Woman seduciu a público e crítica. Daquela converteuse na actriz mellor pagada de Hollywood cun salario de entre 16 e 17 millóns de dólares por película. Sempre foi un reclamo millonario para a billeteira.
Sendo unha das raíñas da comedia romántica, non lograra demostrar a súa valía en papeis máis serios. Esa espiña sacoulla uns anos máis tarde grazas a súa interpretación en Erin Brockovich, que lle valeu por fin o Oscar á mellor actriz. No ano 2001, Julia coprotagonizou xunto a Brad Pitt o filme The Mexican.
Vida persoal Julia tivo moitos mozos, entre eles os actores: Liam Neeson, Dylan McDermott, Kiefer Sutherland, Jason Patric e Daniel Day-Lewis.
Casou o 27 de xuño de 1993 coa estrela da música country Lyle Lovett, en Marion (Indiana). A unión durou ata marzo de 1995 en que se divorciaron, aínda que ambos manteñen desde entón unha boa relación.
Na rodaxe do filme The Mexican namorou do cámara Danny Moder, rompendo a súa relación con Brad. Danny e Julia casaron en xullo de 2002. O domingo 28 de novembro de 2004 Julia Roberts tivo nos Ánxeles ós xemelgos Phinnaeus Walter e Hazel Patricia. O 18 de xuño de 2007 nacía o terceira fillo da parella, Henry Daniel Moder.
Filmografía 220px|miniatura|Julia Roberts cun soldado estadounidense no hospital da base aérea de Incirlik (Turquía), 7 de decembro de 2001.
Blood Red (1986) Satisfaction (1987) Baja Oklahoma (1987) Mystic Pizza (1988) Steel Magnolias (1989) Pretty Woman (1989) Flatliners (1990) Sleeping with the Enemy (1990) Elixir un amor (1991) Hook, o capitán Garfo (1991) The Player (1992) O informe pelicano (1993) A century of cinema (1994) I Love Trouble (1994) Prêt-à-porter (1994) Algo de que falar (1995) Michael Collins (1996) Mary Reilly (1996) Todos din I Love You (1996) My Best Friend's Wedding (1997) Conspiracy Theory (1997) Stepmom (1998) Notting Hill (1999) Runaway Bride (1999) Erin Brockovich (2000) Ocean's Eleven (2000) America's Sweethearts (2001) Confessions of a Dangerous Mind (2002) O sorriso de Mona Lisa (2003) Closer (2004) Ocean's Twelve (2004) Ant Bully, benvido ao formigueiro (2006) Charlotte's Web (2006) Charlie Wilson's War (2007) Fireflies in the Garden (2008) Duplicity (2009) Historias do San Valentín (2010) Eat Pray Love (2010) Larry Crowne (2011)
Premios Oscars Ano Categoría Película Resultado2000Oscar á mellor actrizErin BrockovichGañadora1990Oscar á mellor actrizPretty WomanCandidata1989Oscar á mellor actriz secundariaSteel MagnoliasCandidata
Globos de Ouro Ano Categoría Película Resultado2010Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalDuplicityCandidata2008Globo de Ouro á mellor actriz secundariaLa guerra de Charlie WilsonCandidata2001Globo de Ouro á mellor actriz - DramaErin BrockovichGañadora2000Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalNotting HillCandidata1998Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalMy Best Friend's WeddingCandidata1991Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalPretty WomanGañadora1990Globo de Ouro á mellor actriz secundariaSteel MagnoliasGañadora
Premios BAFTA Ano Categoría Película Resultado 1990 Mellor actriz Pretty Woman Candidata 2000 Mellor actriz Erin Brockovich Gañadora
Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Película Resultado 2000 Mellor actriz protagonista Erin Brockovich Gañadora
Festival Internacional de Cine de Donostia Ano Premio Resultado 2010 Premio Donostia Gañadora
Notas
Categoría:Actores de Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Cobb, Xeorxia Categoría:Nados en 1967 Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia galesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia sueca Categoría:Óscar á mellor actriz