The Hours é un filme baseada na novela de Michael Cunningham, a cal leva o mesmo nome. Trátase dunha película independente, de baixo orzamento e gañadora do Óscar á mellor actriz por Nicole Kidman no ano 2003 que trata sobre tres mulleres en diferentes tempos e xeracións, cuxas vidas son interconectadas coa novela de Virginia Woolf Mrs. Dalloway. Toda a película sucede ó longo dun mesmo día, que cambiará as vidas das tres coprotagonistas.
Sinopse The Hours é a historia de tres mulleres de diferentes épocas e lugares unidas polos seus anhelos e temores. Virginia Woolf (Nicole Kidman) vive nun suburbio londiniense a principios dos anos 20, onde loita contra a demencia mentres empeza a escribir a súa novela Mrs. Dalloway.
Laura Brown (Julianne Moore), é unha esposa e nai dos Ánxeles de finais da segunda guerra mundial que lendo Mrs. Dalloway empeza a considerar a posibilidade de dar un cambio á súa vida. Clarissa Vaughan (Meryl Streep) é unha "señora Dalloway" do século XXI, vive en Nova York e está namorada do seu amigo Richard (Ed Harris), que está morrendo de SIDA, a pesar de manter unha relación lésbica con Sally (Allison Janney). Finalmente, as historias das tres mulleres entrelázanse e atópanse nun sorprendente momento de recoñecemento compartido.
Enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia. Para Virginia Woolf ter inclinación homosexual era algo impensable e horrendo; para Laura, ama de casa e seguidora fiel dos canons sociais da etapa da posguerra, foi unha decisión difícil aceptar que era lesbiana, pero non se escandaliza cando a súa amiga llo fai saber; e xa na época de Clarissa, o lesbianismo é algo normal e esta muller convive coa súa parella sen chamarlle a atención a ninguén.
dereita|150px|miniatura|Nicole Kidman interpreta a Virginia Woolf.
Premios Óscar 2002 Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidatoMellor directorStephen DaldryCandidatoMellor guión adaptadoDavid HareCandidato Mellor actriz Nicole Kidman GañadoraMellor actor secundario Ed Harris Candidato Mellor actriz secundaria Julianne Moore Candidata Mellor vestiario Ann Roth Candidata Mellor montaxe Peter Boyle CandidatoMellor banda sonora Philip Glass Candidato
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Daldry Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes ambientados en 1923 Categoría:Filmes ambientados en 1941 Categoría:Filmes ambientados en 1951 Categoría:Filmes ambientados en 2001 Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes sobre VIH/SIDA Categoría:Filmes sobre depresión