Carlos Castaño, nado o 7 de maio de 1977 en Madrid, é un exciclista madrileño. Competiu nas modalidades de pista, especialista na proba de persecución por equipos, e ruta.
Traxectoria Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, obtendo unha medalla de bronce na proba de persecución por equipos xunto con Sergi Escobar, Asier Maeztu e Carlos Torrent.«Carlos Castaño» en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) . Gañou unha medalla de bronce no Campionato Mundial de Ciclismo en Pista de 2004.«Carlos Castaño» en The-Sports.org .
Debutou como profesional en 2005 co equipo Andalucía-Paul Versán, tras destacar en categoría afeccionada con vitorias na Volta á Comunidade de Madrid en 2002 ou a Volta a Castela e León en 2001. Xa como profesional, conseguiu dúas vitorias de etapa na Volta a Burgos 2005 e unha vitoria na Volta a Cataluña 2006.«Carlos Castaño» en The-Sports.org .
En setembro de 2010 anunciou a súa retirada por mor dunha lesión.
Equipos Andalucía-Paul Versan (2005) Kaiku (2006) Karpin Galicia (2007) Xacobeo Galicia (2008-2010)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páx. do COE.
Categoría:Ciclistas olímpicos de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1977 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo