miniatura|Trini F. Silva, gañadora no 2014. Os Premios de Teatro María Casares á mellor maquillaxe outórgaos a Asociación de Actores e Actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior.
Os galardóns Os Premios María Casares de galardoaron na categoría de mellor maquillaxe as seguintes profesionais:
1997. Carmela Montero por Escola de bufóns (Ollomol Tranvía). 1998. Carmela Montero por Unha rosa é unha rosa (Teatro do Noroeste). 1999. Carmela Montero por Tics (Sarabela Teatro). 2000. Cristina Couto e Raquel Fidalgo por Si o vello Simbad volvese ás illas... (Centro Dramático Galego). 2001. Quique Martínez por O lapis do carpinteiro (Sarabela Teatro). 2002. Carmela Montero por Sexismunda (Sarabela Teatro). 2003. Carmela Montero por A conxura dos necios (Sarabela Teatro). 2004. Fanny Bello por Sidecar (Belmondo) 2005. Dolores Centeno por As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (Centro Dramático Galego). 2006. Paloma Ucieda por García (Teatro do Adro). 2007. Carmela Montero por Macbeth (Sarabela Teatro). 2008. Bacana por Hendaya mon amour (Bacana). 2009. Cristina Couto por Dáme veleno, eu tamén soñar (Sarabela Teatro). 2010. Fanny Bello por Testosterona (Chévere).A Esmorga triunfa nos María Casares con cinco galardóns , artigo en Xornal.com. 2011. Tanxarina, por Trogloditas (Tanxarina).Os XV Premios de Teatro María Casares foron a gran festa da escena galega, web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, 25/3/2011.. 2012: Trini F. Silva, por A ópera dos tres reás (Centro Dramático Galego) 2013: Raquel Fidalgo por Viaxe a ningunha parte (Sarabela Teatro). 2014: Trini F. Silva por C'est la vie (Matrioshka Teatro) 2015: Raquel Fidalgo por Pequenas Certezas (Sarabela Teatro) 2016: Raquel Fidalgo por Ensaio sobre a cegueira (Sarabela Teatro) 2017: Trini F. Silva por Voaxa e Carmín (ButacaZero e Eme2) 2018: Trini F. Silva por Outono (Pista Catro) 2019: Martina Cambeiro por O servidor de dous amos (Talía Teatro) 2020. Martina Cambeiro por Vida de cans (Talía Teatro) 2021. Fani Mosqueira por O premio (La Quintana Teatro) 2022. LaPelu F. Silva, por Comando Comadres, de Matrioshka 2023. Diego Valeiras por Papagena, de ButacaZero 2026: Ártika Cía por O libro da selva, o musical
As profesionais máis premiadas Carmela Montero conseguiu o galardón en seis ocasións, Raquel Fidalgo en catro e Trini F. Silva en catro, mentres que Cristina Couto, Fanny Bello e Martina Cambeiro o fixeron en dúas. Nesta categoría é salientábel tamén que ata en nove ocasións (de vinte e cinco edicións dos Premios) foron os espectáculos de Sarabela Teatro os que levaron o premio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre todas as edicións dos Premios na páxina da AAAG Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
!