Malena Grisel Alterio Acaioca, coñecida artisticamente como Malena Alterio, nada en Buenos Aires o 21 de xaneiro de 1974, é unha actriz hispano-arxentina.

Traxectoria Filla de Héctor Alterio e irmá de Ernesto Alterio. Cando apenas contaba cuns meses a súa familia emigrou a Madrid. Malena estudou na escola de Cristina Rota. Tivo a súa primeira oportunidade no cine cunha comedia titulada El palo (2000), onde interpretaba a un personaxe dunha ladroa marxinal que se facía chamar pecho-lata. Ao ano seguinte era finalista aos Premios Goya na categoría de Mellor Actriz Revelación. A este traballo sumaríaselle os levados a cabo en Las voces de la noche (2003) e en As voces da noite (2004). En 2004 entregou o Goya de Honra ao seu pai, en compañía do seu irmán.

A fama chegoulle coa serie Aquí no hay quien viva na que interpretou durante tres anos o papel de Belén. Grazas ao éxito da serie, Malena obtivo o premio á Mellor actriz secundaria da Unión de Actores en 2004, unha candidatura aos Fotogramas de Prata en 2005 e o Premio á Mellor Actriz segundo a Academia de Televisión Española en 2005.

O 6 de xullo de 2006, Aquí no hay quien viva chegou ao seu fin por mor da compra do 15% da produtora por parte de Telecinco. Aquí no hay quien viva seguía sendo a serie máis vista de España e xunto con Los Serrano eran as únicas que superaban o 30% da audiencia.

En abril de 2007, Telecinco estreou La que se avecina na que Malena Alterio interpretou a Cristina durante a primeira tempada de 13 capítulos.

En 2008 interpretou sobre os escenarios madrileños a obra Tío Vania, de Antón Chéjov, e en agosto do mesmo ano estreouse a película nos cines de España Una palabra tuya no seu primeiro papel protagonista, xunto a outra actriz televisiva Esperanza Pedreño, a Cañizares da tamén exitosa serie de Telecinco Camera Café.

En 2009 estreouse Al final del camino, na que Malena é a protagonista da historia xunto a Fernando Tejero, con quen xa traballara en Aquí no hay quien viva. Deuse a noticia de que estaban comezando a rodar unha serie chamada Supercharly que se estrearía en Telecinco a principios de 2010, pero Telecinco decidiu atrasala ao verán do mesmo ano. A súa rodaxe cancelouse cando xa tiñan rodados 5 dos 13 capítulos da primeira tempada e emitiuse no verán de 2010.

En 2010, Malena estivo no Teatro Valle-Inclán coa obra Madre Coraje y sus hijos que se estreou o 11 de febreiro de 2010 e en principio ía terminar o 4 de abril pero se prorrogou ata o 11 de abril pola gran demanda de entradas para asistir á obra. Ese mesmo ano estreou a súa película Nacidas para sufrir onde interpretaba a unha monxa. Posteriormente involucrouse nunha nova serie de televisión para laSexta chamada BuenAgente, que se emitiu entre o 5 de maio e o 2 de decembro de 2011.

En 2010 tamén gravou en Alacant o filme Cinco metros cuadrados, protagonizada xunto a Fernando Tejero e Jorge Bosch, o cal estreouse nos cines logo de gañar 5 Biznagas de oro no XIV Festival de cine de Málaga. A película estreouse o 11 de novembro de 2011.

Este marzo de 2011, Malena alzouse co premio Fotogramas de Prata 2010 á Mellor Actriz de teatro, pola súa obra Madre Coraje y sus hijos.

A principios de 2012 rodou en Barcelona unha miniserie para Televisión Española de só dous episodios chamada Una carta para Evita, sobre a viaxe de Eva Perón a España en época de Franco e dirixida polo director de Pa negre Agustí Villalonga.

En 2012, Malena participa na obra teatral Los hijos se han dormido que é unha adaptación da obra dramática A gaivota de Anton Chejov. Vida persoal

É cuñada de Juana Acosta e parella de Luis Bermejo Prieto.

Filmografía Curtametraxes Desaliñada (2001), dirixida por Gustavo Salmerón. Mezclar es malísimo(2001) , dirixida por Davis Derrano El Balancín de Iván (2002), dirixida por Darío Stegmayer. Como Eva. Entre nosotros (2005), dirixida por Darío Stegmayer. Como Patricia.

Longametraxes El Palo (2001), dirixida por Eva Lesmes. Como Violeta. Cásate conmigo, Maribel (2003), dirixida por Ángel Blasco. Como Nini. Torremolinos 73 (2003), dirixida por Pablo Berger. Como Vanessa. Las voces de la noche (2004), dirixida por Salvador García Ruiz. Como Julia. Semen, una historia de amor (2005), dirixida por Inés París e Daniela Fejerman. Como Enfermera. Miguel and William (2006), dirixida por Inés París (2006). Como Magdalena. Días de cine (2006), dirixida por David Serrano . Como Gloria. La torre de Suso (2007), dirixida por Tomás Fernández (2006). Como Marta. Casual Day (2007), dirixida por Max Lemcke. Como Bea. Una palabra tuya (2008), dirixida por Ángeles González-Sinde. Como Rosario. Al final del camino (2009), dirixida por Roberto Santiago. Como Pilar. Nacidas para sufrir (2010), dirixida por Miguel Albaladejo. Como Marta. Cinco metros cuadrados (2011), dirixida por Max Lemcke. Como Virginia. Perdiendo el Norte (2014)

Series Hermanas (1998). Como Isabel (episódico) El comisario (2003). Como Lorena (varios episodios) Aquí no hay quien viva (2003-2006) como Belén López Vázquez (protagonista) La que se avecina (2007) como Cristina Aguilera (protagonista) Supercharly (2010). Como Leonor (Leo) (protagonista). BuenAgente (2011). Como Lola (protagonista). Una carta para Evita (2011) (secundaria).

Teatro Charitys (1996). Musicantes (1996). Náufragos (1997). Lorca al rojo vivo (1998). La barraca (1998). Encierro (1999). La pastelera (1999) El obedecedor (2000) Rulos (2001). Séptimo cielo. Tío Vania (2007). Madre Coraje y sus hijos (2011). Los hijos se han dormido (2012).

Premios Premios Goya Ano Categoría Traballo Resultado 2001 Mellor actriz revelación El palo Candidata

Unión de Actores Ano Categoría Traballo Resultado 2003 Mellor actriz secundaria de televisión Aquí no hay quien viva Gañadora 2008 Mellor actriz secundaria de teatro Tío Vania Gañadora

Fotogramas de Prata Ano Categoría Traballo Resultado2004Mellor actriz de televisiónAquí no hay quien vivaCandidata2010Mellor actriz de teatroMadre Coraje y sus hijosGañadora

Helecho de Bronce Ano Categoría Traballo Resultado2005Mellor actriz ou actor (xunto a seu pai Héctor Alterio e seu irmán Ernesto Alterio)Entre nosotrosGañadora

Premios ATV Ano Categoría Traballo Resultado2004Mellor interpretación femininaAquí no hay quien vivaGañadora

Festival Internacional de Cine Independente de Ourense Ano Categoría Traballo Resultado2002Mellor interpretación femininaO Balancín de IvánGañadora

Festival Solidario de Cine Español de Cáceres Ano Categoría Traballo Resultado2009Mellor actrizUna palabra tuyaGañadora

Premios Turia Ano Categoría Traballo Resultado 2011 Mellor actriz Cinco metros cuadrados Gañadora

Premios Mayte de Teatro Ano Categoría Traballo Resultado 2009 Mellor interpretación teatral Tío Vania Candidata

Premios Pizquita Series Ano Categoría Traballo Resultado 2011 Mellor interpretación feminina en serie cómica española BuenAgente Gañadora

Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Actores de televisión da Arxentina Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Arxentinos de ascendencia vasca Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1974