miniatura|dereita|250px|Retrato do embaixador ruso Piotr Potemkim, 1681-82, Museo do Prado Juan Carreño de Miranda (1614 – 1685) foi un pintor español do período barroco, considerado o máis conspicuo representante da Escola de Madrid.
Biografía
Carreño naceu en Avilés o 25 de marzo de 1614 no seo dunha familia fidalga asturiana, aínda que seu pai, que tiña o mesmo nome era pintor. Trasladado a Madrid en 1625, realizou o seu aprendizado pictórico nos talleres de Pedro de las Cuevas e de Bartolomé Román. Amigo do tamén pintor Francisco Rizi, como el dedicouse a traballar para igrexas e conventos, obra que devela a influencia dos grandes mestres flamengos: Rubens e van Dyck.
Anos máis tarde, cóidase que a instancia de Velázquez, entrou a servizo do pazo real. No ano 1669 é nomeado pintor do Rei, unha vez falecido Del Mazo, e dous anos máis tarde, en 1671, é xa pintor de Cámara do derradeiro monarca da Casa de Habsburgo, Carlos II. Carreño faleceu en Madrid o día 3 de outubro de 1685.
Estilo
Carreño mostra no seu estilo características velazqueñas, mais nalgunha das súas obras mesmo revela influencias de pintores estranxeiros como van Dyck. Cultivou especialmente o retrato, no que realizou elegantes composicións, e, como foi nota distintiva da pintura española, a temática relixiosa foi moi importante no seu labor. Entre os seus discípulos máis coñecidos figura Pedro Ruíz González.
Obra (selección)
Fundación da orde trinitaria (1666), Museo do Louvre, París. Virxe de Atocha, Museo do Prado, en depósito na Casa Museo de El Greco, Toledo. Asunción da Virxe, Museo de Poznan. Retrato de Carlos II, con armadura (1681), Museo do Prado, depositado na Casa Museo de El Greco, Toledo. Retrato do duque de Pastrana, Museo do Prado, Madrid. Retrato do embaixador ruso Piotr Potemkim (1681-82), Museo do Prado, Madrid.
Véxase tamén
Bibliografía
Pérez Sánchez, Alfonso, Pintura y escultura, in R. Menéndez Pidal, Historia de la Cultura Española: El siglo del Quijote: 1580-1680, vol IIº. Madrid. Espasa Calpe. 1996
Categoría:Pintores de Asturias Categoría:Pintores do Barroco Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1614 Categoría:Finados en 1685