miniatura|dereita|200px|Vista e plano de Toledo, ca. 1608, obra do Greco na que retratou ó seu fillo Jorge Manuel.

Jorge Manuel Theotocópuli, máis coñecido simplemente como Jorge Manuel, nado en Toledo en 1578 e finado na mesma cidade en 1631, foi un arquitecto e pintor español, fillo e discípulo do Greco.

Biografía Jorge Manuel era fillo do Greco e de Jerónima de las Cuevas. Naceu en 1578, cando seu pai contrataba O Espolio para a catedral da cidade.

Aprendeu a técnica pictórica do seu propio pai, realizando numerosas réplicas dos seus cadros, ou completando detalles; así atribúeselle o plano de Toledo na Vista e plano de Toledo (ca. 1610-1614), en razón da súa pericia como arquitecto. Jorge Manuel traballou na catedral de Toledo, da que foi nomeado mestre maior en 1625 e ergueu a Casa consistorial da cidade a partir dun proxecto anterior de Juan de Herrera.

Jorge Manuel figura retratado –neno aínda ou xa medrado- en diversos cadros do seu pai, como no célebre Enterro do conde de Orgaz (igrexa de Santo Tomé, Toledo), na mesma Vista e plano de Toledo (Casa Museo de El Greco, Toledo) ou no San Luís de Francia (Museo do Louvre, París). Casou dúas veces, acabando arruinado a causa dun preito co Hospital Tavera, cuxo resultado foi o embargo dos seus bens.

Obra (selección) Pintura Retablo de Titulcia (Guadalajara) Retrato de San Luís de Francia, Casa Museo de El Greco, Toledo, réplica con variantes no fondo dunha obra homónima do seu pai (Museo do Louvre). Retrato do cardeal Bernardo de Sandoval y Rojas A familia do pintor (ca. 1605), propiedade privada en Bryn Athyn, Pensilvania, Estados Unidos.

Arquitectura Casa consistorial, Toledo, obra na que seguiu planos anteriores (1575) de Juan de Herrera. Cúpula barroca (1631), no lado esquerdo da fachada da catedral de Toledo, sobre tambor gótico de Egas (1519), cubrindo a capela mozárabe. Sacristía da catedral toledana, Jorge Manuel continuou desde 1621 as obras que iniciaran Nicolás de Vergara o Novo e Juan Bautista Montenegro.

Categoría:Arquitectos de España do século XVII Categoría:Pintores de Castela-A Mancha Categoría:Nados en Toledo Categoría:Nados en 1578 Categoría:Finados en 1631