miniatura|dereita|300px|Praia de Mouli, en Ouvéa Ouvéa, ou Uvea, é o atol máis occidental do arquipélago das illas da Lealdade, ao nordés de Nova Caledonia.
A superficie total é de 133 km², cunha altitude máxima de 39 m. A illa é alargada de norte a sur formada por dúas partes unidas por un estreito istmo de 25 km de longo. Os extremos norte e sur prolónganse cara ao oeste por unha barreira de coral e uns illotes diseminados. A costa oeste da illa é unha longa praia de 25 km.
Na illa conviven dúas comunidades, unha polinesia e a outra canaco, con dúas linguas pero cunha cultura máis próxima á melanesia. Colonizada tanto desde a grande illa de Nova Caledonia (Grande-Terre) como desde Samoa e Tonga, no século XVIII establecéronse inmigrantes polinesios da illa Uvea de Wallis e Futuna. Por iso en ocasións distínguese Uvea Este (Wallis) de Uvea Oeste (Ouvéa), e inclúese a illa nas chamadas illas periféricas polinesias. Esta comunidade fala o uveano occidental, ou faga uvea, moi próximo ao uveano oriental, ou wallisiano. A lingua dos kanaks de Ouvéa é o laai.
A poboación total era de 4.359 habitantes no censo do 2004, aproximadamente a metade polinesios e a metade kanaks. A capital é Fayaoué.
Categoría:Atois da Polinesia Francesa Categoría:Illas do Pacífico