Cartaxena (en castelán: Cartagena) é unha cidade e concello español situado xunto ao mar Mediterráneo, pertencente á Rexión de Murcia. Ten 210.376 habitantes (INE 2008), repartidos nun termo municipal de 558,3 km², sendo a segunda cidade da rexión tras Murcia. Está situada ao sur da chaira denominada Campo de Cartaxena, comarca da que é capital e que ten unha poboación total de 332.035 habitantes.

A economía de Cartaxena baseouse tradicionalmente na explotación de chumbo, prata e cinc da serra mineira e o sector químico (sulfuro, fertilizantes fosfatados e explosivos). Na actualidade, esgotados os filóns mineiros, Cartaxena vive principalmente da construción e reparación naval, o refinado de petróleo e a exportación de aceite de oliva, froitas, cítricos, hortalizas, esparto, viño e produtos metálicos. Así mesmo, é unha das principais bases navais do país, xunto con Rota e Ferrol, e un emerxente destino turístico grazas ao seu denso patrimonio artístico, legado de máis de 2.500 anos de historia.

Cartaxena é famosa polas súas festas maiores de Cartaxineses e Romanos e as procesións de Semana Santa. Do seu vasto patrimonio monumental destacan o Submarino Peral exposto no porto, o recentemente restaurado Teatro Romano (o máis grande da península tras o de Mérida), numerosos restos arqueolóxicos de época cartaxinesa e romana, fortalezas, baterías de costa, edificacións de carácter militar e numerosos edificios modernistas e neoclásicos.

Como capital lexislativa da Comunidade Autónoma, Cartaxena é sede da Asemblea Rexional.

Toponimia O topónimo castelán Cartagena procede do cartaxinés quart-hadast, que significa "cidade nova". Foi denominada en latín Carthago Nova, "nova Cartago". Do acusativo latino Carthaginem saíu a forma tardía que derivaría no árabe قرطجانة (Qarṭaǧānatu), forma inmediatamente previa á actual, Cartagena.

Xeografía miniatura|250px|Vista satélite do Campo de Cartaxena, Mar Menor e Cabo de Palos. miniatura|dereita|Pazo Consistorial de Cartaxena. miniatura|220px|dereita|Casas de Tallante en Campo Nubla As súas coordenadas son 37°36′ N, e 0°59′ O, e comprende unha extensión de 558,3 km².

O centro histórico da cidade atópase asentado sobre cinco pequenos outeiros, chamados Molinete, Monte Sacro, Monte de San José, Despeñaperros e Monte da Concepción, o que deu lugar a que fose coñecida como "a pequena Roma" na antigüidade.

Cartaxena constitúe un grande plano inclinado con dirección NO-SE limitado: ao norte e noroeste polas serras pre-litorais (Carrascoy, El Puerto, Los Villares, Columbares e Escalona), e polo sur e suroeste polas serras litorais (El Algarrobo, La Muela, Pelayo, Gorda, La Fausilla e Minera, cos seus últimos contrafortes en Cabo de Palos). Os materiais dominantes son sedimentarios, como a calcaria, e metamórficos, como a laxe, mármore etc.

A cidade ábrese ao mar Mediterráneo polo sur a través dunha ampla baía delimitada polos contrafortes dos montes de San Julián e Galeras.

Organización territorial Os 558,3 km² do seu termo municipal estrutúranse en diversas localidades e casaríos espallados que se administran baixo a figura das deputacións. Dentro delas hai numerosas aldeas, barriadas e casaríos. Ademais o casco urbano ten numerosos barrios.

Os barrios de Cartaxena agrúpanse nas seguintes deputacións: Casco Urbano, San Antonio Abad, El Plan, La Magdalena, Canteras, Santa Lucía, San Félix, El Hondón, Alumbres e Escombreras.

As aldeas do termo municipal agrúpanse nas seguintes diputaciones: Rincón de San Ginés, El Algar, La Palma, Pozo Estrecho, El Albujón, La Aljorra, Perín, Beal, Miranda, Lentiscar, Los Puertos de Santa Bárbara, Campo Nubla e Los Médicos.

Clima Hai unha predominancia dos ombroclimas árido e semiárido, cunha grande extensión do andar termomediterráneo, unha variada xeoloxía e unha diversificada xeomorfoloxía. O clima da zona defínese como subtropical mediterráneo árido ou subárido, de abrigo topográfico ou subtropical estepario. A posición marítima suaviza as temperaturas, se ben as precipitacións superan os 300 mm anuais, atopándonos ante unha das zonas mais áridas do país.

A temperatura media anual rolda os 20 °C. O mes máis frío é xaneiro cunha media de 12 °C. En agosto, o mes máis caloroso, a temperatura media chega aos 28 °C.

O vento constitúe un dos factores climáticos máis importantes da bisbarra. Son os fluxos do terceiro e primeiro cuadrante os que predominan, debido ao efecto de barreira que supoñen as serras litorais das cordilleiras Béticas, que favorecen un troco de rumbo a suroeste, e á canalización dos fluxos no portiño tectónico que constitúe Cartaxena e o mar Menor.

Demografía 200px|dereita|miniatura|Evolución demográfica de Cartaxena, 1900-2005. Segundo os dados que obran no concello, a 1 de xaneiro de 2007, o municipio de Cartaxena conta cunha poboación de 211.329 habitantes (107.736 homes e 103.593 mulleres), dos cales, 176.021 moran na cidade e 35.840 nas deputacións do municipio.

Segundo o censo INE 2006, o 12,75% dos habitantes de Cartaxena son de nacionalidade estranxeiraFonte: Estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades)..

A súa área metropolitana, integrada polos municipios de La Unión, Fuente Álamo, Los Alcázares, San Javier, Torre Pacheco e San Pedro del Pinatar, ten 332.035 habitantes.

Evolución demográfica do municipio de Cartaxena Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Alteracións dos municipios nos Censos de poboación desde 1842, Series de poboación dos municipios de España desde 1996. 1857 1877 1887 19001910 1920 1930 1940 Poboación 59.618 75.908 84.171 99.871 102.542 96.891 102.518 113.468 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2000 2007 Poboación 113.160 123.630 146.904 172.751 173.061 170.483 183.799 211.329

Historia

miniatura|220px|Hispania tras a división provincial de Diocleciano. miniatura|220px|Hispania no s.VI. Tense constancia certa da fundación da cidade de Cartaxena ó redor do ano 227 a. C. polo xeral cartaxinés Asdrúbal o Belo co nome de Qart Hadasht (Cidade Nova), posiblemente sobre un asentamento tartesico anterior de nome Mastia de Tarse, do que se teñen noticias dende o século VI a. C.

A cidade cartaxinesa de Qart Hadasht sería a principal base dos cartaxineses en España, e dela partiu Haníbal na súa famosa expedición a Italia, que lle levaría a cruzar os Alpes, ao comezar a segunda guerra púnica no ano 218 a. C. O xeral romano Escipión tomou Cartaxena no ano 209 a. C., sendo posesión romana desde entón co nome de Cartago Nova, e unha das cidades romanas máis importantes de Hispania.

Nun principio, Carthago Nova dependeu administrativamente da Hispania Citerior con capital en Tarraco (Tarragona). Durante o goberno de Augusto, a cidade foi elevada a rango de colonia co nome de Colonia Vrbs Iulia Nova Carthago (C.V.I.N.C) co que os seus habitantes pasaban a considerar-se cidadáns de dereito romano. Durante o goberno de Tiberio, creouse o Conventus Iuridicus Carthaginensis con capital na cidade, dentro da provincia tarraconense.

No ano 298, o emperador Diocleciano dividiu a Tarraconense en tres provincias, constituíndo a provincia romana Cartaxinense e estabelecendo a capital na cidade de Cartaxena. Cara ao ano 425 a cidade foi saqueada polos vándalos antes de pasar estes a África.

Tras a caída do Imperio de Occidente e o establecemento dos reinos xermanos en España, cara ao 550 Cartaxena foi conquistada polo emperador bizantino Xustiniano I e converteuse na capital da Provincia de Spania do Imperio Bizantino baixo o nome de Carthago Spartaria.

Os visigodos, dirixidos polo rei Suintila, tomaron e, segundo conta Santo Isidoro destruíron e asolaron por completo a cidade, causando unha profunda decadencia. Non obstante, este comentario se cadra pecou de esaxerado, xa que en 675, Munulo, bispo de Cartaxena, aparece asinando unha das actas dos concilios de Toledo, o que demostra que nese momento había un bispo co seu sede na cidade.

Durante a dominación árabe, Cartaxena experimentou unha certa recuperación e contou cunha mesquita e unha alcazaba fortificada sobre o actual cerro da Conceizón.

En 1245 prodúcese a reconquista da cidade, e restáurase o bispado de Cartaxena, aínda que uns poucos anos despois a sede foi trasladada a Murcia. En 1296 pasaría á Coroa de Aragón, lexitimada a posesión pola Sentenza Arbitral de Torrellas, pero o Tratado de Elx de 1305 devolvería a cidade ao Reino de Castela.

Cartaxena experimentou unha grande recuperación co establecemento da dinastía dos Borbóns no século XVIII, período no que Cartaxena convértese na capital do Departamento Marítimo do Mediterráneo, e constrúense numerosas obras de carácter militar, como as murallas da cidade e os diversos castelos que a rodean, así como o Hospital de Mariña.

No século XIX o acontecemento máis importante é a revolución cantonal que comezou o 12 de xullo de 1873, en que a cidade ergueuse contra o goberno central en defensa das teses federalistas. O alzamento de Cartaxena tivo grande relevancia pola importancia militar da cidade, que resistiu até que en xaneiro de 1874 as tropas do xeral López Domínguez entraron na cidade.

Durante a guerra civil española de 1936-1939 Cartaxena foi a única base naval que ficou baixo control da República, e a última cidade en caer en mans dos sublevados, o 31 de marzo de 1939.

Actualmente Cartaxena forma parte da comunidade autónoma da Rexión de Murcia, e é sede da Asemblea Rexional.

Historia de Cartaxena na arte "A clemencia de Escipión", tamén chamada "A Continencia de Escipión" é o relato lendario e mitolóxico da toma da cidade de Cartago Nova polo xeral romano Escipión o Alfricano, narrado polos historiadores Polibio e Tito Livio, e que converteuse nun dos temas preferidos da poesía, a literatura, a escultura e a ópera de tema histórico do renacemento e o barroco.

Economía Industrias petroquímicas. Empresas enerxéticas. Agricultura na bisbarra do Campo de Cartaxena. Turismo. Porto comercial e militar. Construción naval.

Administración As primeiras eleccións municipais democráticas celebráronse en 1979. Até entón non existían partidos políticos.

Lista de alcaldes Lexislatura Nome Grupo 1949-1960 Miguel Hernández Gómez (Franquismo) 1960-1966 Federico Triño Figueroa (Franquismo) 1966-1973 Ginés Hortas Celdrán (Franquismo) 1974-1976 Luis Roch Sánchez (Franquismo) 1976-1977 Manuel Antonio García Candela (Transición Democrática) 1977-1979 Bernardo García Pagán (Transición Democrática) 1979-1983 Enrique Escudeiro de Castro PSOE 1983-1987 Juan Martínez Simón PSOE 1987-1991 Antonio Vallejo Alberola Partido Cantonal 1991-1995 José Antonio Alonso Conesa PSOE 1995-1999 Pilar Barreiro Álvarez PP 1999-2003 Pilar Barreiro Álvarez PP 2003-2007 Pilar Barreiro Álvarez PP 2007-2011 Pilar Barreiro Álvarez PP 2011-2015 Pilar Barreiro Álvarez PP 2015-2017 José López Martínez MC

Lugares de interese

Ao longo dos séculos, Cartaxena acumulou un importante patrimonio monumental, desde os restos mais antigos, do século III a.C. até as novas construcións aínda en execución.

250px|dereita|miniatura|Teatro romano de Cartaxena, en proceso de restauración, e sobre el as ruínas da antiga catedral de Cartaxena.

Patrimonio arqueolóxico Os xacementos máis importantes son: Muralla Púnica, construción defensiva realizada no século III a.C. durante a breve dominación cartaxinesa. Teatro Romano. Augusteum. Anfiteatro romano.

Tamén destacan as caldas e conxunto do decumano, a Casa da Fortuna, a necrópole tardorromana e a Torre Cega.

Fortificacións e construcións militares 250px|esquerda|miniatura|Muralla de Carlos III. s.XVIII