miniatura|300px|Escravos votando en Nova Orleáns en 1867. O sufraxio universal consiste na dotación do dereito ao voto a toda a poboación adulta dun Estado independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social.

O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolución na democracia. Trala Revolución Francesa o poder político comezou a estar en mans de cámaras de representantes polo que era necesario regulalo seu sistema de elección. Así comezou o sufraxio censatario no que votaban só homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrución, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do século XIX), no que podían votar tódolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusión do sufraxio feminino (século XX en diante), analfabetos (século XX) e xentes de tódalas razas (segunda metade do século XX).

Limitacións ao sufraxio universal miniatura| Malia ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema político moderno, ao longo da historia dos séculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos países non foi posible debido a diversas políticas, grupos de presión ou réximes políticos.

No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Suráfrica. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos Estados Unidos onde, aínda que os afroamericanos tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacións que destacou neste cometido.

Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade estranxeira, cidadáns convictos e enfermos mentais. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser premidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convictos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos estranxeiros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da cidadanía no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.

Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na Francia da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran estraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas suramericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como prexudicial para a disciplina militar.

Cronoloxía do sufraxio universal por países A continuación amósase unha listaxe cronolóxica de países e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.

Europa : 1871 Revogado durante a Alemaña nazi (1933-1945) : 1906 (nas eleccións locais: 1917) : 1913 : 1915 (con Islandia) : 1917 : 1918 : 1918 : 1918 : 1918 : 1918 : 1919 : 1919 : 1919 : 1921 : 1922 : 1922 : 1923 : 1928 : 1933 (recoñecido na Constitución do 1 de outubro de 1931) Revogado durante a Ditadura de Franco (1939-1975) : 1944 : 1945 : 1948 : 1952 : 1976 : 1984 : 1990

Asia e Oceanía : 1893 : 1931 : 1931 : 1945 : 1948 : 1950 (como parte da súa constitución) : 1955 : 1962 (previamente non outorgado aos aborixes australianos a nivel federal) : 2005

América : 1932 : 1951 (recoñecido na lei 13.010 do 9 de setembro de 1947) : 1952 : 1953 1947: sufraxio universal a nivel municipal : 1956 : 1960 : 1965 : 1970 1934: as mulleres obteñen o voto para as eleccións municipais. 1949: homes e mulleres maiores de 21 anos que soubesen ler.

África : 1994

Categoría:Sistemas electorais Categoría:Democracia