¡Hay motivo! é unha serie de 32 curtametraxes producidas en febreiro de 2004 e proxectados a partir do 9 de marzo nas que se critican diversos aspectos da realidade social española e ó goberno do Partido Popular en distintos temas sociais e políticos. De acordo cos propios realizadores, o propósito desta serie de curtametraxes era propiciar un cambio de goberno ante as inminentes eleccións xerais.
Contido Entre os temas de crítica atópanse a subida do prezo da vivenda, a xestión por parte do goberno da crise que seguiu ó afundimento do petroleiro Prestige en Galicia, o apoio do presidente José María Aznar á invasión de Iraq de 2003 ou a manipulación da televisión pública, avalada pola condena xudicial ó presentador de informativos Alfredo Urdaci, por manipulación informativa no caso dunha folga xeral convocada polo sindicato Comisións Obreiras e UXT.
Logo da compilación da película, os cineastas realizaron unha última curta, a que fixo o número 33.
¡Hay Motivo! non se emitiu comercialmente en cines, senón que foi proxectado en universidades e outros lugares que solicitaron expresamente a súa proxección. Tamén se emitiu en canles locais de televisión. Os propios cineastas utilizaron estas canles a fin de difundir a serie tan rápido como lles fose posible, polo que tamén animaron a descargar a película por Internet, a través de redes P2P.
O efecto da película na opinión pública é dificilmente avaliable, xa que os atentados de Madrid o 11 de marzo de 2004, tan só tres días antes das eleccións, supuxeron un cambio demasiado brusco na sociedade e na política española.
Finalmente, a película foi estreada comercialmente o día 12 de novembro de 2004 e proxectada ata o día 25 do mesmo mes, último día de exhibición da cinta. Arredor de 496 espectadores se achegaron ó cine para vela (datos do Ministerio de Cultura). A recadación ascendeu a 2.831,40 euros.
Antecedentes Un dos detonantes da realización desta cinta foi probablemente a XVII edición dos Premios Goya, celebrada o 1 de febreiro de 2003, na que actores e directores levaron chapas dicindo "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra a mesma.
Outro dos antecedentes foi probablemente o éxito que tivo a película documental de Michael Moore Bowling for Columbine, que supuxo un rexurdimento do xénero documental.
As curtas Libre (Joaquín Oristrell). Con Candela Peña e Secun de la Rosa. Radiografía social. El plan hidrológico (Pere Portabella). Protagonizado por Pedro Arrojo Agudo, profesor de Ciencias Físicas. La pesadilla (Álvaro del Amo). Desastre de Doñana. Cerrar los ojos (David Trueba). Sobre a xustiza española. ¿Dónde Vivimos? (Gracia Querejeta). Acerca do problema da vivenda. La insoportable levedad del carrito de la compra (Isabel Coixet). Sobre os pensionistas e as súa compra. Soledad (José Ángel Rebolledo). Anciáns que morren sós na casa. Adopción (Sigfrid Monleón). Discriminación ante este asunto cara ás parellas homosexuais. Por tu bien (Icíar Bollaín). Sobre a deshumanización dos partos. Protagonizado por Luís Tosar. Adolescentes (Chus Gutiérrez). Trata o tema do sistema educativo. El club de las mujeres muertas (Víctor Manuel). Videoclip da canción "El club de las mujeres muertas", do cantautor Víctor Manuel, que debuta como director realizando o seu propio vídeo musical. Tanto o vídeo como a canción tratan o tema dos malos tratos a mulleres e a violencia machista. Se vende colegio (Pedro Olea). É un caso real. Uns pais quéixanse de que a Igrexa mercou o colexio público (por tanto laico) ó que acudían os seus fillos e agora imparten unhas ensinanzas relixiosas que nada teñen que ver coas anteriores. O problema é que os pais saben desta venda unha vez iniciado o curso académico. Catequesis (Yolanda García Serrano). Pilar Bardem conta un conto, escrito por Juan José Millás, ó espectador; a historia dun cura que abusaba sexualmente de menores e o bispo que o apoiaba. Las barranquillas (Víctor García León). A protección social deixa a un lado a algúns grupos sociais. Madrid, mon amour (Ana Díez e Bernardo Belzunegui). Por el mar corre la liebre (José Luis Cuerda). En 1993, o daquela presidente do Partido Popular e aspirante á Moncloa, José María Aznar, lanzaba unha advertencia premonitoria: "esas cousas quedan gravadas en vídeo". Armas de destrucción mediática (Miguel Ángel Díez). Sobre o famoso caso Urdaci. Manipulación (Imanol Uribe). A manipulación dos medios de comunicación públicos e privados. Mis treinta euros (Fernando Colomo). A un obreiro débenlle trinta euros dunha obra que foi a inaugurar un representante do goberno. Doble moral (Juan Diego Botto). Verja (Alfonso Ungría). Español para extranjeros (José Luis García Sánchez). ¿Legalidad? (Daniel Cebrián). Sobre Guantánamo. Muertos de segunda (El Gran Wyoming). Fala o irmán de José Couso Permuy. Yak-42 (Manuel Gómez Pereira). La pelota vasca (fragmentos) (Julio Medem). Sobre o conflito no País Vasco xerado en torno á violencia de ETA e a cuestión nacional. Kontrastasum (Versos de Gabriel Celaya) (Mireia Lluch). Cena de capitanes (Pere Joan Ventura). Sobre o Prestige. Mayday (Manuel Rivas). Sobre o efecto do chapapote. Técnicas para un golpe de estado (Vicente Aranda). El pasado que te espera (Mariano Barroso). Lista de motivos reais para votar a un partido que apoia a xestión do executivo na última lexislatura. La mosca cojonera (Antonio Betancor). Dá a cara Ramón Fontseré. Epílogo (Diego Galán)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de ¡Hay motivo!
Hay motivo Hay motivo Hay motivo Categoría:Filmes dirixidos por David Trueba Categoría:Filmes dirixidos por Gracia Querejeta Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Olea