Princesas é un filme español dirixido por Fernando León de Aranoa no ano 2005 e protagonizada por Candela Peña e Micaela Nevárez.
Sinopse O filme conta a historia de dúas prostitutas. Unha delas, Caye (Candela Peña), é española e exerce a prostitución sen que o saiba a súa familia; a súa ilusión é aforrar para poder pagar unha operación de aumento de peito. A outra, Zulema (Micaela Nevárez), é unha inmigrante ilegal que intenta conseguir cartos para mandar á súa familia na República Dominicana.
A pesar do receo que existe entre o colectivo de prostitutas pola chegada de estranxeiras que lles supoñen competencia, e que tamén se reflicte na película, Caye e Zulema convértense en boas amigas e descobren que, a pesar das diferenzas, teñen moito en común.
Personaxes Candela Peña como Caye Micaela Nevárez como Zulema Mariana Cordero como Pilar Llum Barrera como Gloria Violeta Pérez como Caren Mónica Van Campen como Ángela Flora Álvarez como Rosa María Ballesteros como Blanca Alejandra Lorente como Mamen Luis Callejo como Manuel Alberto Ferreiro como Voluntario Marco Martínez como adolescente Antonio Durán "Morris" como Funcionario Pere Arquillé como Carlos
Galardóns e nomeamentos Goyas 2005 Categoría Persoa ResultadoMellor películaCandidataMellor actrizCandela PeñaGañadoraMellor actriz revelaciónMicaela NevárezGañadoraMellor actor revelaciónLuís CallejoCandidatoMellor guión orixinalÁngel Fernández SantosFernando León de AranoaCandidatoMellor canción ("Me llaman calle")Manu ChaoGañadoraMellor deseño de vestiarioGina DaigelerCandidataMellor maquillaxe e peiteadoNacho RuizCarlos HernándezCandidatosMellor sonM. Reixas, A. Raposo, P. AledoCandidatos
3 premios na XX edición dos Premios Goya dos premios Goya á mellor actriz protagonista (Candela Pña), actriz revelación (Micaela Nevárez), mellor canción (Manu Chao). O Centro de Escritores Cinematográficos outorgou un premio á mellor actriz protagonista a Candela Peña.
Véxase tamén Ligazóns externas
Web Oficial da Película Princesas
Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Fernando León de Aranoa Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre prostitución