Naomi Klein, nada en Montreal en 1970, é unha xornalista, autora e activista canadense, coñecida polas súas análises políticas e críticas da globalización e do capitalismo.

Traxectoria É economista política, xornalista e escritora. Caracterizada polo seu traballo independente nos medios xornalísticos, colaborou como columnista para publicacións como The Guardian de Londres ou The Globe and Mail de Toronto. É filla de pais que pertenceron ó movemento hippy e foron próximos ó anarquismo. Emigraran ao Canadá dende os Estados Unidos a causa da guerra de Vietnam. A súa nai creara un documental en contra da pornografía, titulado Not a Love Story ("Non é unha historia de amor", 1981).

Comezou a súa actividade xornalística como estudante de Filosofía e Literatura na Universidade de Toronto, colaborando coa revista estudantil do centro The Varsity.

Estudou as influencias do capitalismo de finais do século XX e do sistema da Terceira Vía, así como no pulo do imperialismo neoliberal e os seus efectos na cultura de masas. Publicou varios libros como No Logo (2001) e Fences and Windows (2003), o guión do documental The Take (dirixido polo seu marido Avi Lewis, centrado na crise arxentina e as mobilizacións cidadás entre 2001 e 2002) e diversos artigos xornalísticos e políticos.

Obras No Logo: No Space, No Choice, No Jobs (2001) Fences and Windows: Dispatches from the Front Lines of the Globalization Debate (2002) The Shock Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism (2007) This Changes Everything: Capitalism vs. the Climate (2014) No Is Not Enough: Resisting Trump's Shock Politics and Winning the World We Need (2017) The Battle for Paradise: Puerto Rico Takes on the Disaster Capitalists (2018) On: The (Burning) Case for a Green New Deal (2020) How to Change Everything (con Rebecca Stefoff, 2022) Doppelganger: A Trip into the Mirror World (2023)

Filmografía

The Take (2004) This Changes Everything (2016)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da escritora Naomi Klein (IMDb)

Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Montreal Categoría:Activistas do Canadá