miniatura|Mural sobre os dereitos humanos en Turquía. Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda persoa posúe polo mero feito da súa condición humana a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o Dereito positivo vixente e de factores particulares como o seu status, etnia ou nacionalidade. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a persoa e a sociedade, que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros Héctor Morales Gil de la Torre, Introducción: notas sobre la transición en México y los derechos humanos, Obra: Derechos humanos: dignidad y conflicto, (1996), México: Universidad Interamericana, ISBN 968-859-248-X, p. 19.

Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e igualitario, e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, raza, pobo, grupo ou clase social determinado Thierry, Sur, Combacau, Valée; Droit International Public, (1986), Paris: Montchrestien, ISBN 2-7076-0334-1.

Non obstante, toda decisión sobre que dereitos son humanos implica asumir unha posición respecto a que é Dereito e, implícita ou explicitamente, sobre que é o humano. Moitas violacións ou limitacións de dereitos humanos derívanse de concepcións restritivas e excluíntes da HumanidadeHelio Gallardo afirma que "se exterioriza ou proxecta un modelo de comportamento humano; se designa á proxección resultante como Humanidade constitutiva, e se xulga (e condena) a quen non encaixan nesa representación/valor como non humanos ou antihumanos". (Gallardo, Helio; Política y transformación social. Discusión sobre derechos humanos, (2000), Quito: SERPAJ/Editorial Tierra Nueva, ISBN 9978-41-198-4, p. 40.

Os dereitos humanos, normalmente, divídense en dúas categorías: dereitos positivos e dereitos negativos. Os dereitos negativos poden ser expresados como un dereito positivo, pero non á viceversa. Por exemplo, o dereito dun bebé a ter pais e que o coiden, asumindo que é un dereito humano, só pode ser expresado positivamente. Outra clasificación amplamente estendida é a que ordena os dereitos humanos en tres ou máis xeracións.

Legalmente, os dereitos humanos defínense no Dereito interno de numerosos Estados e nos tratados internacionais. Para moitos, ademais, a doutrina dos dereitos humanos esténdese máis aló do Dereito e conforma unha base ética e moral que debe fundamentar a regulación da orde xeopolítica contemporánea. Pero a validez, contido e incluso a existencia dos dereitos humanos son obxecto dun permanente debate no ámbito da filosofía e as ciencias políticas. Segundo que tipo de concepción se teña sobre o Dereito, como iusnaturalista, iusracionalista, iuspositivista, vinculada ao realismo xurídico ou ao dualismo xurídico, entre outros, a categoría conceptual de dereitos humanos pode considerarse divina, observable na natureza, accesible a través da razón, determinada polos contextos nas moitas maneiras que é posible entender a Historia, unha síntese de ideas destas ou outras posicións ideolóxicas e filosóficas ou un mero concepto inexistente e sen validez.

Orixe cultural miniatura|Selo das Feroe polo 50 aniversarrio de Daclaración Universal dos Dereitos Humanos. Existe un importante debate sobre a orixe cultural dos dereitos humanos. Xeralmente considérase que teñen a súa raíz na cultura occidental moderna, pero existen polo menos dúas posturas principais máis David Sánchez Rubio, Repensar derechos humanos. De la anestesia a la sinestesia, (2007), Sevilla: Editorial MAD, ISBN 84-665-7152-3, p. 102. Algúns afirman que tódalas culturas posúen visións de dignidade que se plasman na forma de dereitos humanos, e fan referencia a proclamacións como a Carta de Mandén, de 1222, declaración fundacional do Imperio de Malí. Non obstante, nin en xaponésRyosuke Inagaki, El concepto de derechos humanos en Japón. Obra = Los fundamentos filosóficos de los derechos humanos, (1985), Barcelona: Serbal/UNESCO, ISBN 84-7628-003-3, p. 214 nin en sánscrito clásico R. C. Pandeya, Fundamentos filosóficos de los derechos humanos. Perspectiva hindú, Obra: Los fundamentos filosóficos de los derechos humanos, (1985), Barcelona: Serbal/UNESCO, ISBN 84-7628-003-3, p. 295, por exemplo, existiu o termo dereito ata que se produciron contactos coa cultura occidental, xa que estas culturas puxeron tradicionalmente o acento nos deberes. Existe tamén quen considera que Occidente non creou a idea nin o concepto de dereitos humanos, aínda que si un xeito concreto de sistematizalos, unha discusión progresiva e o proxecto dunha filosofía dos dereitos humanos Paulin J. Hountondji, El discurso del amo: observaciones sobre el problema de los derechos humanos en África, Obra: Los fundamentos filosóficos de los derechos humanos, (1985), Barcelona: Serbal/UNESCO, ISBN 84-7628-003-3, p. 357.

As teorías que defenden o universalismo dos dereitos humanos adóitanse contrapoñer ao relativismo cultural, que afirma a validez de tódolos sistemas culturais e a imposibilidade de calquera valoración absoluta desde un marco externo, que neste caso serían os dereitos humanos universais. Entre estas dúas posturas extremas sitúase unha ampla gama de posicións intermedias. Moitas declaracións de dereitos humanos emitidas por organizacións internacionais rexionais poñen un acento maior ou menor no aspecto cultural e dan máis importancia a determinados dereitos de acordo coa súa traxectoria histórica. A Organización para a Unidade Africana, por exemplo, proclamou en 1981 a Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos, que recollía principios da Declaración Universal de 1948 e engadía outros que tradicionalmente se negaran en África, como o dereito de libre determinación ou o deber dos Estados de eliminar tódalas formas de explotación económica estranxeira. Máis tarde, os Estados africanos que acordaron a Declaración de Tunes, o 6 de novembro de 1992, afirmaron que non se pode prescribir un modelo determinado a nivel universal, xa que non se poden desatender as realidades históricas e culturais de cada nación e as tradicións, normas e valores de cada pobo Carrillo-Salcedo, Juan Antonio; Dignidad frente a barbarie. La Declaración Universal de Derechos Humanos, cincuenta años después, (1999), Madrid: Editorial Trotta, ISBN 978-84-8164-290-2, p. 116. Nunha liña similar pronúncianse a Declaración de Bangkok, emitida por países asiáticos o 23 de abril de 1993, e na Declaración do Cairo, asinada pola Organización da Conferencia Islámica o 5 de agosto de 1990.

Tamén a visión occidental-capitalista dos dereitos humanos, centrada nos dereitos civís e políticos, opúxose a miúdo durante a guerra fría, destacablemente no seo das Nacións Unidas, á do bloque socialista, que privilexiaba os dereitos económicos, sociais e culturais e a satisfacción das necesidades elementais.

Evolución histórica Moitos filósofos do dereito e historiadores do Dereito consideran que non se pode falar de dereitos humanos ata a época moderna en Occidente. Ata ese momento, as normas da comunidade, concibidas en relación coa orde cósmica, non deixaban espazo para o ser humano como suxeito singular Documentos de Amnistía Internacional baseados nun texto de Leonardo Aravena, Una larga marcha hacia los derechos humanos, 1998 , concibíndose o dereito primariamente como a orde obxectiva da sociedade. A sociedade estamental ten o seu centro en grupos como a familia, a liñaxe ou as corporacións profesionais ou laborais Molas, Pere, La estrutura social de la Edad Moderna europea, Obra: Manual de Historia Moderna, 1993, Barcelona: Ariel, ISBN 84-344-6572-8, p. 72, o que ven significar que non se conciben facultades propias do ser humano como tal. Pola contra, enténdese que toda facultade atribuíble ao individuo deriva dun dobre status: o do suxeito no seo da familia e o desta na sociedade. Fóra do status non hai dereitos Clavero, Bartolomé, Derecho indígena y cultura constitucional en América, 1994,México: siglo veintiuno editores, ISBN 968-23-1946-3, pp. 8 e 12.

A existencia dos dereitos subxectivos, tal e como se pensan na actualidade, foi obxecto de debate durante os séculos XVI, XVII e XVIII Pérez Marcos, Regina María, 2000, Derechos humanos e Inquisición, ¿conceptos contrapuestos?, Revista de la Inquisición, número 9, páxinas 181-190, ISSN 1131-5571, , o que é relevante porque adóitase dicir que os dereitos humanos son produto da afirmación progresiva da individualidade Pérez Luño, Antonio Enrique, Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución, 2005, Madrid: Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, p. 25 e que, de acordo con iso, a idea de dereitos do home apareceu por primeira vez durante a loita burguesa contra o sistema do Antigo RéximeKetchekian, S. F. Origen y evolución de los derechos del hombre en la Historia de las ideas políticas (1965). Revista RICS, Nº 5. Sendo esta a consideración máis estendida, outros autores consideran que os dereitos humanos son unha constante na Historia e afunden as súas raíces no mundo clásico e tamén que a súa orixe atópase na afirmación do cristianismo da dignidade moral do home en tanto que é persoa Pérez Luño, Antonio Enrique. Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución, (2005),Madrid, Editorial Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, páx. 25.

Antecedentes remotos dereita|miniatura|325px|Do Cilindro de Ciro pénsase que é a primeira declaración de dereitos humanos. Un dos documentos máis antigos que se relacionou cos dereitos humanos é o Cilindro de Ciro, que contén unha declaración do rei persa Ciro o Grande tras a súa conquista de Babilonia no ano 539 a.C.. Foi descuberto en 1879 e a ONU traduciuno en 1971 a todos os seus idiomas oficiais. Pode enmarcarse nunha tradición mesopotámica centrada na figura do rei xusto, cuxo primeiro exemplo coñecido é o rei Urukagina, de Lagash, que reinou durante o século XXIV adC, e onde cabe destacar tamén Hammurabi de Babilonia e o seu famoso Código, que data do século XVIII adC. Porén o Cilindro de Ciro presenta características novas, especialmente no relativo á relixión. Foi valorado positivamente polo seu sentido humanista e incluso foi descrito como a primeira declaración de dereitos humanos Abbas Milani, Lost Wisdom: Rethinking Persian Modernity in Iran, (2004), Mage Publishers, ISBN 0-934211-90-6, p. 12. Numerosos historiadores, non obstante, consideran o termo alleo a ese contexto histórico. miniatura|Selo de Xibraltar que amosa o rei Xoán I de Inglaterra asinando a Carta Magna (1968).