Abra é unha provincia de Filipinas na Rexión Administrativa de Cordillera, na illa de Luzón. A súa capital é Bangued.
Nos seus 3 975,6 km², viven 209 491 habitantes (censo de 2000), o que representa 53 h/km².
A provincia está dividida en 27 municipalidades e 303 barangays (aldeas).
Linguas Ilocano, itneg, kalinga e tagalo.
Relixión Os ilocanos son católicos, os itneg e os kalinga manteñen as súas relixións tradicionais.
Historia En 1599, os agostiños foron os primeiros occidentais en se estableceren no territorio.
Na Revolta de Silang 1762 - 1763, Abra xogou un importante papel como o último lugar de resistencia da heroína ilocana, Gabriela Silang, ata a súa captura polos españois.
En 1846 Abra separóuse da provincia de Ilocos Sur.
En 1905 Abra foi anexionada de novo á provincia de Ilocos Sur, pero en marzo de 1917 converteuse definitivamente nunha provincia independente.
Entre 1985 e 1987 Abra converteuse no acubillo da guerrilla dirixida polo sacerdote revolucionario Conrado Balueg.
Categoría:Xeografía de Filipinas