Keira Christina Knightley, nada en Teddington, Londres, Reino Unido, o 26 de marzo de 1985, é unha actriz e modelo británica. Traxectoria É a filla do actor de teatro Will Knightley e da escritora Sharman MacDonald. Sufriu dislexia de nena, que superou relativamente pronto. Ten un irmán máis vello músico, chamado Caleb. Keira apareceu en programas de televisión desde que tiña 6 anos, dando o salto ao cine co personaxe de Natasha Jordan na película A Village Affair de Moira Armstrong.
A súa primeira aparición en Hollywood foi interpretando a Sabé, a encargada de suplantar á raíña Padmé Naberrie Amidala en Star Wars: Episode I - The Phantom Menace de George Lucas. Knightley deuse a coñecer grazas ó seu papel coprotagonista na exitosa comedia social británica Bend It Like Beckham, no ano 2002 e saltou definitivamente á fama ó participar en 2003 en Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl de Gore Verbinski, no papel de Elizabeth Swann. Recibiu un nomeamento ó Oscar á Mellor Actriz en 2006 polo seu papel de Elizabeth Bennett na adaptación cinematográfica da novela do século XVIII de Jane Austen Pride & Prejudice (Orgullo e prexuízo).
Participou e protagonizado películas como Love Actually (2003), King Arthur (2004), Domino (2005) ou The Jacket (2005), ademais da exitosa saga de Disney, Pirates of the Caribbean.
Filmografía +Cine Ano Título Papel Notas 1995 Innocent Lies Celia de nena Acreditada como Keira Knightley 1999 Star Wars Episode I: The Phantom Menace Sabé (dobre da Raíña) Acreditada como Kiera Knightley 2001Deflation Jogger 2001Princess of Thieves Gwyn Acreditada como Keira Knightly 2001The Hole Frances 'Frankie' Almond Smith 2002 Thunderpants Estudante do colexio Sen acreditar 2002 Pure Louise 2002 Bend It Like Beckham Juliette "Jules" Paxton 2002 Doctor Zhivago Lara Antipova Miniserie 2002 New Year's Eve Leah Curtametraxe 2002 The Seasons Alter Helena 2003Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl Elizabeth Swann 2003Love Actually Juliet 2004 King Arthur Xenevra 2005 The Jacket Jackie 2005Domino Domino Harvey 2005 Pride & Prejudice Elizabeth Bennet 2006 Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest Elizabeth Swann 2007Pirates of the Caribbean: At World's End Elizabeth Swann 2007 Silk Hélène Joncour 2007 Atonement Cecilia Tallis 2008 The Edge of Love Vera Phillips 2008 The Duchess Georgiana Cavendish 2009 The Continuing and Lamentable Saga of the Suicide Brothers A fada Curtametraxe 2010London Boulevard Charlotte 2010 Steve Woman Curtametraxe 2010 Last Night Joanna Reed 2010 Never Let Me Go Ruth C. 2011 A Dangerous Method Sabina Spielrein 2012Seeking a Friend for the End of the World Penelope Lockhart 2012Anna Karenina Anna Karenina 2013Can a Song Save Your Life? Greta 2013Jack Ryan: Shadow Recruit Cathy Ryan 2014 Laggies Megan 2014 The Imitation Game Joan Clarke
Premios Oscars
Ano Categoría Filme Resultado2005Oscar á mellor actrizPride & PrejudiceNomeada
Globos de Ouro Ano Categoría Filme Resultado2005Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musicalPride & PrejudiceNomeada
Véxase tamén
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Richmond upon Thames Categoría:Nados en 1985 Categoría:Modelos femininas de Inglaterra Categoría:Ingleses de ascendencia escocesa Categoría:Ingleses de ascendencia galesa