Emma Goldman, nada en Kaunas (daquela, chamada Kovno), Imperio Ruso, o 27 de xuño de 1869Chalberg (1991), p. 12 e finada en Toronto (Canadá) o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa. Tivo un papel fundamental no desenvolvemento da filosofía anarquista da primeira metade do século XX en América do Norte e Europa e introduciu ideas feministas no pensamento anarquista.
De orixe lituana, en 1885 emigrou a Nova York onde coñeceu o anarquismo, o que adoptou como ideoloxía trala revolta de Haymarket. En Nova York, Goldman converteuse nunha ensaísta e escritora de sona da filosofía anarquista e anticapitalista e redactou artigos sobre a emancipación da muller, os problemas sociais e a loita sindical. Ela mais o tamén escritor anarquista Alexander Berkman, o seu amante e compañeiro de toda a vida, planearon o asasinato de Henry Clay Frick como un acto de propaganda polo feito. Aínda que Frick sobreviviu ó ataque, Berkman foi condenado a vinte anos de cadea. Goldman foi arrestada varias veces por "alentar motíns" e pola distribución ilegal de información sobre a anticoncepción.Wexler (1984), p. 210 En 1906, Goldman fundou o xornal anarquista Mother Earth (en galego, Nai Terra).Goldman (Living, 1970), p. 377
En 1917, Goldman e Berkman foron condenados a dous anos de prisión por conspirar para "inducir as persoas a fuxir" do servizo militar obrigatorio, que se establecera había pouco tempo nos Estados Unidos. Tras ser liberados da prisión, foron detidos de novo xunto con centos doutros progresistas e, a seguir, Emma foi deportada a Rusia durante a Revolución rusa. Inicialmente, simpatizou coa revolución bolxevique, mais decontado expresou a súa oposición ó uso da violencia por parte dos soviets e a represión das voces independentes. En 1919, expulsada de novo dos Estados Unidos pola súa intensa actividade política retornou a Rusia, mais volveu abandonar o país por disentir do rumbo autoritario tomado polo goberno bolxevique. En 1923, escribiu sobre as súas experiencias entre os bolxeviques, que forman o libro My Disillusionment in Russia (en galego, A miña desilusión con Rusia). Pasou uns anos en Inglaterra, Canadá e o sur de Francia , onde escribiu a súa autobiografía Living My Life (en galego, Vivindo a miña vida).Wexler (1989), pp. 56-58 Ao comezo da Guerra Civil española, en 1936, con máis de 60 anos, viaxou a España para apoiar a revolución anarquista.Wexler (1984), p. 232
Ao longo da súa vida, Goldman foi celebrada polos seus admiradores como libre pensadora e "muller rebelde", e ridiculizada polos seus opoñentes como defensora do asasinato de políticos e de revolucións violentas.Streitmatter (2001), pp. 122-134 Os seus escritos e conferencias abranguen unha gran variedade de temas, incluíndo o sistema penal,Goldman (Anarchism, 1969), p. 120 o ateísmo,Goldman, E. (abril de 1913). "The Failure of Christianity". Mother Earth a liberdade de expresión,Rabban (1997) o militarismo, o capitalismo, o matrimonio e a emancipación da muller. Ademais, desenvolveu novas maneiras de incorporar políticas de xénero no anarquismo.Wexler (1984), p. 94
Tras décadas de escuridade, na década de 1970, a vida e obra de Emma Goldman volveron facerse coñecidas na medida que as académicas feministas e anarquistas se foron interesando pola súa figura. Este interese deu lugar a unha nova onda de divulgación do seu legado, con publicacións dos seus artigos e reedicións dos seus libros, e con citas e imaxes súas estampadas en camisetas e carteis. Atribúenselle varias frases rechamantes do anarquismo, entre elas a famosa frase capaz de definir de maneira simple a idea anarquista da liberdade:Marshall (1992), pp. 408–409
Traxectoria
Orixes esquerda|miniatura|Goldmann nacera en Kaunas, daquela, parte do Imperio ruso e hoxe, cidade de Lituania. A familia de Emma Goldman formaba parte dunha comunidade de xudeus ortodoxos que vivía na cidade lituana de Kaunas -entón Kovno-, e formaba parte do Imperio ruso.Goldman (Living, 1970) , p. 24 A nai de Goldman, Taube Bienowitch, casara, primeiramente, cun home con quen tivera dúas fillas: Helena en 1860 e Lena en 1862. Cando o seu primeiro marido morreu de tuberculose, Taube afundiuse. Goldman escribiu máis tarde: "Todo o amor que ela tiña morrera co mozo con quen casou aos 15 anos".Goldman (Living, 1970), p. 447
O segundo matrimonio de Taube foi arranxado pola súa familia e, tal como o Emma definiu, foi "bastante diferente do primeiro". O segundo marido da súa nai, Abraham Goldman, investiu a herdanza de Taube nun negocio que pronto fracasou. As dificultades, combinadas coa distancia emocional entre marido e muller, crearon un ambiente de tensión no fogar. Cando Taube quedou embarazada, Abraham desexou desesperadamente que o bebé fose un neno. Segundo el, unha filla só serviría como outro sinal de fracaso.Drinnon (1961), p. 5 Máis tarde, tivo tres fillos, pero o primeiro fillo que tiveron en común foi en realidade unha nena, Emma.A orde dos nacementos non está clara. Wexler (1984, p. 7) indica que aínda que Emma Goldman se refire a si mesma como o cuarto fillo da súa nai, o seu irmán Louis (que morreu con 6 anos), probablemente, naceu despois dela.
Emma Goldman naceu o 27 de xuño de 1869. Seu pai empregaba a violencia para castigar os fillos, golpeándoos cando desobedecían mais soamente utilizaba o látego con Emma, a máis rebelde.Chalberg (1991), p. 13 Moi ocasionalmente, a súa nai intervira para pedir a Abraham que moderase as malleiras.Drinnon (1961), p. 12 Goldman, máis tarde, especulou sobre se o temperamento rabioso do seu pai non sería, polo menos en parte, resultado dunha frustración sexual.
As relacións coas súas irmás tamén foron obxecto de estudo polo seu contraste. Con Helena, a maior, atopou o consolo que non atopaba na súa nai. Foi ela quen deu a Emma "todas as alegrías que por sorte tiven"Goldman (Living, 1970), p. 11 mentres, Lena, a mediana, era distante e desapiadada.Wexler (1984), p.12 Ás tres irmás, sumáronse os irmáns Louis (que morreu con seis anos), Herman (nado en 1872) e Moshe (nado en 1879).Wexler (1984), pp. 13-14
Adolescencia miniatura|A familia de Emma Goldman, en San Petersburgo, Rusia 1882. De esquerda a dereita: Emma, de pé; Helena, sentada, con Morris no colo; Taube, Herman e Abraham.|alt= Cando Emma era nena, a familia Goldman mudouse ao pobo de Papilė (tamén en Lituania), onde o seu pai dirixía unha pousada. Mentres as súas irmás traballaban, fíxose amiga dun criado chamado Petrushka, quen espertou os seus "primeiros sentimentos eróticos".Goldman (Living, 1970), p. 20 Máis tarde, aínda en Papilė, viu a un campesiño sendo azoutado cun látego na rúa. Este evento traumatizouna e contribuíu ao seu desagrado para sempre pola autoridade violenta.Goldman (Living, 1970), p. 28
Á idade de sete anos, Goldman mudouse coa súa familia á cidade prusiana de Königsberg (entón parte do Imperio alemán), e inscribiuse nunha escola estatal de secundaria. A escola foi un lugar onde abondaban os abusos. Así, un mestre castigaba os estudantes desobedientes, especialmente a Goldman, golpeándolle-las mans cunha regra; igualmente, outro mestre trataba de abusar das súas alumnas, mais foi despedido cando Goldman se defendeu. Por outra banda, tamén atopou un mentor comprensivo no seu mestre de lingua alemá, quen lle prestou os seus libros e a levou a unha ópera. Goldman, que era unha estudante apaixonada, aprobou o exame de admisión no instituto, mais o seu profesor de relixión negouse a proporcionarlle un certificado de boa conduta impedindo así que fose admitida.Drinnon (1961), pp. 6-7 esquerda|miniatura|186x186px|A obra de Chernyshevsky foi unha grande influencia en Goldman. Ao pouco, a familia mudouse á cidade rusa de San Petersburgo, onde seu pai abriu unha tenda tras outra sen éxito. A pobreza obrigou os nenos a traballar, e Goldman tomou unha variedade de traballos, incluído un nunha tenda de xustillos.Chalberg (1991), p. 15 Daquela, Goldman rogoulle ao seu pai que lle permitise regresar á escola, pero no seu lugar botou o seu libro de francés ao lume e gritou: "As rapazas non teñen que aprender moito! Todo o que unha filla xudía necesita saber é como preparar o peixe recheo, cortar os fideos ben e darlle ao home moitos nenos ".Goldman (Living, 1970), p. 12
Con todo, Goldman procurouse unha educación independente pola súa conta e, axiña, comezou a estudar a situación política ao seu redor. Estaba, especialmente, interesada nos nihilistas, responsables de asasinar a Alexandre II de Rusia. A confusión resultante intrigou a Goldman, aínda que ela non acaba de comprender a situación política desa época. Foi coa lectura da obra Что делать (1863) -en galego, Que se debe facer?- de Nikolai Chernyshevskii cando atopou un modelo a seguir na protagonista, Vera. A partir da lectura, Goldman, adopta a filosofía nihilista e escapa da súa represiva familia para vivir libremente e organizar unha cooperativa de costura. O libro cativou a Goldman e seguiu sendo unha fonte de inspiración durante toda a súa vida.Wexler (1984), pp. 23-26
Mentres tanto, o seu pai seguía insistindo nun futuro doméstico para ela e tratou de arranxar o seu casamento á idade de quince anos. Pelexaban polo problema constantemente; mentres el se queixaba de que se estaba a converter nunha muller "solteira", ela insistía en que casaría só por amor.Chalberg (1991), p. 16 Na tenda de xustillos, viuse obrigada a se defender das proposicións non desexadas dos oficiais rusos e doutros homes. Un pretendente persistente levouna a unha habitación de hotel e cometeu o que Goldman describiu como "contacto violento";Goldman (Living, 1970), p. 22 dous biógrafos chamárono violación.Falk (1990), p. 14 Ela sorprendeuse pola experiencia, conmocionada "polo descubrimento de que o contacto entre home e muller puidera ser tan brutal e doloroso".Goldman (Living, 1970), p. 23 Goldman considerou que ese encontro marcou para sempre as súas interaccións cos homes. miniatura|Emma Goldman en 1886
Estados Unidos En 1885, a súa irmá Helena fixo plans para mudarse a Nova York nos Estados Unidos para se unir á súa irmá Lena e ao seu esposo. Goldman quería marchar canda súa irmá, mais o seu pai negouse a permitilo non atendendo á oferta de Helena de pagarlle a viaxe. Emma, desesperada, ameazou con se botar ao río Nevá se non podía ir polo que o seu pai rematou por ceder. O 29 de decembro de 1885, Helena e Emma chegaron ao Castle Garden da cidade de Nova York, a entrada para inmigrantes.Wexler (1984), p. 27 Establecéronse no norte do estado, vivindo na casa de Rochester que Lena fixera co seu esposo Samuel. Un ano despois, fuxindo do crecente antisemitismo de San Petersburgo, os seus pais e irmáns uníronse a eles.