Marlango é un grupo musical español, influído pola atmosfera musical de Tom Waits, formado en 2002 en Madrid. Os integrantes do grupo son Leonor Watling, Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.
Historia En 1998, Leonor e Alejandro gravaron unha maqueta con catorce temas para piano e voz onde xa se encontraba o núcleo do que sería o seu primeiro álbum. No inverno de 2002, o neoiorquino Óscar Ybarra, acabado de instalar en Madrid, escoita o material e decide incorporarse ó proxecto. Entre os tres dan forma a un traballo que ve a luz en febreiro de 2004.
Este disco, Marlango, ten influencias que van do rock ó jazz, da música dalgún cabaré de entreguerras á banda sonora dunha película de David Lynch. Despois dun ano de concertos por toda España, Portugal e o Xapón, e de recibir de mans de Pedro Almodóvar un disco de ouro polas primeiras 50.000 copias vendidas, en setembro de 2005 publican o seu segundo álbum, Automatic imperfection, que tamén consegue o disco de ouro en España. En 2006 fichan pola discográfica Universal, coa que publican unha edición especial do seu primeiro álbum, ademais de editalo en moitos países.
O 25 de setembro de 2007 editouse o seu terceiro álbum de estudio The electrical morning.
Discografía Marlango (2004) Automatic Imperfection (2005) Selection (2007) (versión estendida do primeiro disco) The Electrical Morning (2007) Life in the Treehouse (2010) Un día extraordinario (2012) El Porvenir (2014)
Colaboracións Arde la calle (Tributo a Radio Futura) (2004): "Semilla negra" B.S.O. de Malas temporadas (2005): "Vete"
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía actualizada Páxina oficial de Marlango Crítica dos seus discos e recompilatorios Páxina sobre Leonor Watling e Marlango (https://web.archive.org/web/20070817005646/http://groups.msn.com/marlango Amigos de Marlango]
Categoría:Grupos musicais formados en 2002 Categoría:Grupos musicais da Comunidade de Madrid Categoría:Grupos musicais de pop