Todo sobre mi madre é un filme español dirixido por Pedro Almodóvar no ano 1999. Cecilia Roth, Marisa Paredes, Candela Peña, Penélope Cruz e Antonia San Juan encabezan o elenco da cinta.

Trátase dun dos grandes éxitos da carreira de Pedro Almodóvar, que conseguiu excelentes críticas e numerosos premios, entre eles o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e tamén o Goya.

Sinopse

Manuela (Cecilia Roth) é unha nai que se dedicou totalmente ó seu fillo Esteban (Eloy Azorín) e que traballa como enfermeira nun hospital en Madrid.

O seu fillo escribe un guión chamado "Todo sobre a miña nai" e neste reflicte a súa inquietude polo seu pai, a quen non coñece. O mesmo día do aniversario do fillo van ver unha obra de teatro e ó terminar a obra, el vai en busca dun autógrafo da actriz Huma Rojo (Marisa Paredes), e no intento perde a vida accidentalmente. Manuela mantén a súa compostura na clínica de transplantes ante os pacientes e, posteriormente, constrúe un muro edificado polas feridas que lle deixa a perda de Esteban, o seu fillo.

Manuela parte cara a Barcelona para buscar o pai de Esteban e revelarlle que cando ela partiu tempo atrás foi cun fillo deles dous. Pero a procura non será fácil e mentres o busca, Manuela recupérase no mundo feminino.

As mulleres do filme amosan a súa capacidade de actuar, finxir, mentir, transformarse, improvisar e, como non, capacidade de fuxir de todo, cando en realidade dentro do ser humano non hai nada. Agrado fai mercadotecnia do seu corpo para venderse como mercancía no campo; Huma Rojo engánase a si mesma esperanzándose en confiar cegamente nunha relación de amor-odio con Nina Cruz (Candela Peña), que vaporiza a realidade que a rodea con autoestradas de heroína que a conducen a un inferno sen saída.

Finalmente, Lola (Tony Cantó), volve xunto ó que vai ser o seu novo fillo, Esteban, con Huma e Nina.

Elenco de actores Cecilia Roth como Manuela Marisa Paredes como Huma Antonia San Juan como Agrado Penélope Cruz como Rosa Candela Peña como Nina Rosa Maria Sardà como Nai de Rosa Eloy Azorin como Esteban Toni Cantó como Lola Fernando Fernán Gómez como Pai de Rosa Carlos Lozano como Mario Fernando Guillén Manuel Morón José Luis Torrijo Juan José Otegui Carmen Balagué

Palmarés cinematográfico Premios Goya Categoría Persoa Resultado Mellor película Gañador Mellor director Pedro Almodóvar Gañador Mellor actriz protagonista Cecilia Roth Gañador Mellor actriz secundaria Candela Peña Candidata Mellor actriz revelación Antonia San Juan Candidata Mellor dirección de produción Esther García Gañador Mellor dirección artística Antxón Gómez Candidato Mellor guión orixinal Pedro Almodóvar Candidato Mellor montaxe José Salcedo Gañador Mellor fotografía Afonso Beato Candidato Mellor música orixinal Alberto Igrexas Gañador Mellor son Miguel Reixas Gañador Mellor deseño de vestiario Sabine Daigeler e José María De Cossío Candidato Mellor maquillaxe e peiteado Juan Pedro Hernández e Jean Jacques Pichu Candidato

Outros premios Premios Categoría Resultado Oscar 1999 Mellor filme en lingua non inglesa Gañador Premios Globo de Ouro Mellor película de fala non inglesa Gañador Premios César Mellor película estranxeira Gañador Festival de Cannes Mellor director Gañador Festival de Cannes Premio Ecuménico Gañador Festival Internacional de Cine de Donostia FIPRESCI Mellor película do ano Gañador Premio David de Donatello Mellor película de fala non inglesa Gañador

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 72ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Almodóvar Categoría:Filmes producidos por Agustín Almodóvar Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes ambientados en Barcelona Categoría:Filmes ambientados en Madrid Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre VIH/SIDA Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película