Bechos raros é unha curtametraxe galega escrita e dirixida por Alegría Collantes e Estíbaliz Burgaleta no ano 2006. Rodouse en Santiago de Compostela no verán dese ano tras gañar o seu guión o III Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, CurtoCircuíto’06.
Cun elenco formado integramente por actores galegos, esta comedia de 11 minutos de duración conseguiu tamén o premio á mellor curtametraxe do Festival de Cine de Peñíscola.
Está producida por Ficción Producciones e contou cunha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega Axencia Audiovisual Galega Noticia da rodaxe
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Curtametraxes galegas