A VI Copa mundial de rugby de 2007 é a sexta edición dos mundiais deste deporte, que se celebrou en Francia entre o 7 de setembro e o 20 de outubro de 2007. Celebrado cada catro anos, a primeira vez que se organiza nun país non anglófono, a primeira que se organiza na Europa continental, e a primeira que se organiza en Francia.

Na súa fase final participan 20 seleccións, se ben na clasificación interviñeron 90 equipos distintos dos cinco continentes. Está organizada pola Asociación Internacional de Rugby (IRB).

Equipos participantes Nesta edición da Copa do Mundo de rugby participaron 20 equipos, oito deles chegados dos cuartos de final do Mundial de rugby de 2003, clasificados automaticamente. Dez dos postos vacantes foron atribuídos logo das diferentes roldas clasificatorias desde setembro de 2004. Para estas competicións procedeuse a dividir os case 90 equipos participantes en cinco grupos rexionais: África, América, Asia, Europa e Oceanía. Os últimos dous postos determináronse tras unha fase de repesca entre os finalistas das distintas zonas rexionais.

Automaticamente clasificáronse Inglaterra, Francia, Irlanda, Escocia, Gales, Suráfrica, Australia e Nova Zelandia. De Europa clasificáronse ademais Xeorxia, Italia, Romanía e Portugal, estes últimos na repesca. De África clasificouse Namibia; de América, a Arxentina, o Canadá e os Estados Unidos; de Asia o Xapón; e de Oceanía, Fiji, Samoa e Tonga, este último na repesca.

O 12 de maio de 2004 celebrouse no restaurante Fado's de Dublín o sorteo dos catro grupos de cinco equipos que participarán na primeira fase do Mundial. O sorteo foi realizado por Syd Millar, presidente da IRB, e Bernard Lapasset, presidente da federación francesa. Asignáronse catro cabezas de serie correspondentes cos equipos que chegaron ás semifinais de 2003: Inglaterra, Australia, Nova Zelandia e Francia.

Equipos participantes Inglaterra Australia Nova Zelandia Francia Suráfrica Gales Escocia20px Irlanda Samoa Fiji Italia Arxentina Estados Unidos Canadá Romanía Xeorxia Tonga Xapón Portugal Namibia

Participan pois na fase final tres seleccións, Inglaterra, Escocia e Gales, que non son recoñecidos internacionalmente como estados independentes. Ademais, Irlanda participa cun equipo integrado polos xogadores de Irlanda do Norte e da República de Irlanda.

Sedes 315px|miniatura|Mapa das sedes Este mundial de rugbi terá sede en Francia, pero tamén se xogarán tres partidos en Gales, e un en Escocia. Irlanda decidiu que non se xogase ningún partido no seu por problemas de datas.

LugarEstadioCapacidade Saint-DenisStade de France80.000 Cardiff Millennium Stadium74.500 Edimburgo Murrayfield Stadium67.500 MarsellaStade Vélodrome60.000 ParísParc des Princes49.000 LensStade Félix-Bollaert41.800 LiónStade Gerland41.200 NantesStade de la Beaujoire38.500 TolosaStadium Municipal37.000 Saint-ÉtienneStade Geoffroy-Guichard36.000 BordeosParc Lescure35.200 MontpellierStade de la Mosson33.900

Árbitros

Hai 12 árbitros Wayne Barnes, Tony Spreadbury e Chris White Stuart Dickinson Paul Honiss e Steve Walsh Marius Jonker, Jonathan Kaplan Joël Jutge Alan Lewis, Alain Rolland Nigel Owens

...e 13 asistentes: Dave Pearson Paul Marks Bryce Lawrence, Kelvin Deaker e Lyndon Bray Mark Lawrence e Craig Joubert Christophe Berdos Simon McDowell Hugh Watkins Malcolm Changleng Federico Cuesta Carlo Damasco

Resultados e clasificacións Fase de grupos

Grupo A

8 de setembro - Lens 28 10 9 de setembro - París 59 7 12 de setembro - Montpellier 15 25 14 de setembro - Saint-Denis 0 36 16 de setembro - Montpellier 15 19 22 de setembro - Lens 30 25 22 de setembro - Nantes 44 22 26 de setembro - Saint-Étienne 25 21 28 de setembro - París 36 20 28 de setembro - Montpellier 64 15

Grupo B

8 de setembro - Lión 91 3 9 de setembro - Nantes 42 17 12 de setembro - Tolosa 31 35 15 de setembro - Cardiff 20 32 16 de setembro - Cardiff 29 16 20 de setembro - Cardiff 72 18 23 de setembro - Montpellier 55 12 25 de setembro - Bordeos 12 12 29 de setembro - Bordeos 37 6 29 de setembro - Nantes 34 38

Grupo C

8 de setembro - Marsella 76 14 9 de setembro - Saint-Étienne 56 10 12 de setembro - Marsella 24 18 15 de setembro - Lión 108 13 18 de setembro - Edimburgo 42 0 19 de setembro - París 31 5 23 de setembro - Edimburgo 0 40 25 de setembro - Tolosa 14 10 29 de setembro - Saint-Étienne 18 16 29 de setembro - Tolosa 85 8

Grupo D

7 de setembro - Saint-Denis 12 17 9 de setembro - Bordeos 32 17 11 de setembro - Lión 33 3 15 de setembro - Bordeos 14 10 16 de setembro - Tolosa 87 10 21 de setembro - Saint-Denis 25 3 22 de setembro - Marsella 63 3 26 de setembro - Lens 30 0 30 de setembro - Marsella 64 7 30 de setembro - París 15 30

Fase eliminatoria

Véxase tamén Ligazóns externas

Web oficial dos mundiais Web do Comité Organizador Web da Federación Internacional de Rugbi (IRB)

Categoría:Copa do mundo de rugby Categoría:Rugby en 2007