José Luis Sucasas Fernández, nado en Cadrón (Lalín) o 24 de xuño de 1959 e finado na illa da Toxa o 1 de abril de 2017,OBITUARIO | José Luis Sucasas: coñecemento, retranca e amor polo país foi un escritor e político galego.
Traxectoria Economista e enxeñeiro técnico informático. Participou na candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi candidato do BNG nas municipais de 2003, 2007 e 2011 en Lalín. En 2011 entrou a formar parte da corporación como concelleiro logo da dimisión da número dous do BNG.José Luis Sucasas - Nuevo concejal del BNG de Lalín Foi colaborador habitual de Vieiros,José Luís Sucasas en Vieiros Xornal de Galicia, Praza Pública e Letra en Obras.
Obras Narrativa O paxaro que ninguén ve, 2002, edición de autor. Soñaron buratos na terra, 2003, edición de autor. Pena Furada, 2012, Biblos Clube. Nunca foi día de todo, 2014, United p.c.
Ensaio Outra vaca no millo, 2010, edición de autor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Lalín Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes