A serpentina (do latín serpens pola semellanza dalgúns exemplares coa pel dunha serpe) constitúe unha serie de minerais da clase dos silicatos cuxa fórmula química é (Mg,Fe,Ni)3Si2O5(OH)4.
Aspecto
É raro que a serpentina apareza en forma de grandes cristais.
Variedades da serpentina
Segundo a súa coloración e mínimas diferenzas de composición pódense diferenciar varias clases de serpentina:
Antigorita, de cor verde escura. Amianto, formado por fibras finas e paralelas e dunha cor normalmente máis branca.
Outras clases de serpentina son a serpentina corrente (de cor negra), a serpentina nobre (de cor verde amarela) e a serpentina masiva (de cor verde e utilizada como pedra ornamental).
Lugares onde se atopa
A serpentina preséntase en xacementos de tipo sedimentario formando grandes extensións consideradas rochas de serpentina.
Podemos atopar serpentina nos cantís do Cabo Ortegal (A Coruña).
Usos da serpentina
O seu uso máis destacado é o de pedra ornamental para a fabricación de adornos e esculturas.
Outros silicatos
Outros silicatos importantes son o cuarzo, a mica, o feldespato e a olivina.
Categoría:Minerais