O 26 de novembro é o 330º día do ano do calendario gregoriano e o 331º nos anos bisestos. Quedan 35 días para acabar o ano.
Acontecementos 579 - É electo o papa Paio II. 1648 - O papa Inocencio X denuncia o Tratado de Westfalia que, un mes antes, puxera fin á guerra dos Trinta Anos. 1680 - Lois XIV declara a guerra á Holanda 1764 - A Compañía de Xesús (Xesuítas) é prohibida en Francia. 1801 - Charles Hatchett anuncia a descuberta dun novo elemento químico, ao cal deu o nome de Colombio (anos despois redescuberto e bautizado como Niobio). 1812 - As tropas de Napoleón, na súa retirada da invasión de Rusia, son alcanzadas e masacradas polos exércitos rusos durante o cruzamento do río Berezina. 1865 - Lewis Carroll envíalle o manuscrito de Alicia no país das marabillas a Alice Liddell. 1922 - Howard Carter e Lord Carnavaron tornanse as primeiras persoas a entraren na tumba do rei exipcio Tutankhamon en 3000 anos. 1941 - Segunda guerra mundial: a frota da Mariña Imperial Xaponesa, incluíndo seis portaavións comandados polo vicealmirante Chuichi Nagumo, deixa a baía de Hitokappu, nas Ilhas Kuril, en dirección a Pearl Harbor co obxecto de atacalo. 1941 - Franklin Delano Roosevelt, presidente dos Estados Unidos, establece que o Día de Acción de Grazas será o cuarto xoves de novembro. 1942 - Estrea da película Casablanca. 1950 - O exército da China entra na Corea do Norte e ataca as tropas americanas e sur-coreanas. 1965 - Francia tórnase no terceiro país (após os EUA e a Unión Soviética) en posuír armamento nuclear co lanzamento dun mísil en Alxeria. 2001 - Mikhail Gorbachev funda o Partido Social-Demócrata Ruso. 2003 - Último voo comercial do avión supersónico Concorde.
Nacementos miniatura|100px|dereita|Ferdinand de Saussure. 907 - Rosendo de Celanova, abade, bispo e conde galego (m. 977). 1786 - José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, político e escritor español (m. 1843). 1853 - Félix Estrada Catoyra, médico e escritor galego (m. 1938) 1857 - Ferdinand de Saussure, lingüista suízo (m. 1913). 1867 - Xosé Baldomir, compositor galego. 1884 - Antonio Palmeiro Pérez, mestre e sindicalista galego (m. 1936). 1898 - Karl Ziegler, químico alemán (m. 1973) 1909 - Eugène Ionesco, dramaturgo franco-romanés (1994). 1918 - Patricio Aylwin presidente do Chile entre 1990 e 1994. 1922 - Charles Schulz, deseñador de banda deseñada estadounidense, creador do Charlie Brown (Snoopy) (2000). 1931 - Adolfo Pérez Esquivel, activista arxentino de dereitos humanos gañador do Premio Nobel da Paz en 1980. 1939 - Tina Turner, actriz e cantante estadounidense. 1948 - Fausto, cantor portugués. 1951 - Cicciolina, actriz porno italiana e política. 1959 - Gustavo Pernas, dramaturgo e director teatral galego. 1959 - Henrique Monteagudo, sociolingüista galego.
Mortes miniatura|100px|dereita|Elpidio Villaverde. 399 - Siricio, papa. 1193 - Saladino, sultán do Exipto. 1504 - Isabel I de Castela chamada a Católica (n. 1451). 1855 - Adam Mickiewicz, poeta e nacionalista polaco (n. 1798). 1873 - Karl Friedrich Naumann, xeólogo alemán. 1911 - Paul Lafargue socialista "iconoclasta" francés e xenro de Karl Marx. 1914 - Isidoro Brocos Gómez, escultor galego (n. 1841). 1936 - Clemente Fernández Lorenzo, político galego (n. 1901). 1955 - José Vázquez Vigo, músico e compositor galego. 1956 - Tommy Dorsey, músico de jazz norteamericano (n. 1905). 1962 - Elpidio Villaverde, político galego (n. 1887). 2010 - Francisco Fernández del Riego, intelectual da cultura galega (n. 1913).
Festas e celebracións Día Mundial da Oliveira."Símbolo de paz, sabedoría e harmonía", en La Voz de Galicia 26.11.2025.
Outros Santoral: San Xoán Berchmans.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Novembro