O 14 de novembro é o 318º día do ano no Calendario Gregoriano e o 319º nos anos bisestos. Quedan 47 días para rematar o ano.
Acontecementos 1152 a. C.: no Antigo Exipto, en tempos do faraón Ramsés III, comeza a primeira folga laboral da historia, ocorrida nas obras do Val dos Reis. 1501 - Henrique VIII de Inglaterra casa coa infanta Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos. 1912 - O Conde de Romanones, presidente do Consello de Ministros. 1916 - Publícase o primeiro número d'A Nosa Terra, nacido como voceiro das Irmandades da Fala. Deixou de publicarse en 1936. 1918 - Checoslovaquia convértese en república. 1921 - Constitución do Partido Comunista de España. 1922 - Inicio da construción da ponte Hercilio Luz, en Florianópolis. 1945 - Bolivia é admitida como estado membro da ONU. 1985 - Unha erupción volcánica do Nevado del Ruiz, nos Andes, soterra a cidade de Armero, en Colombia. 1996 - O Congreso dos Deputados aproba a plena integración de España na OTAN. 2000 - Lánzase a versión 6.0 do Netscape Navigator.
Nacementos miniatura|100px|dereita|Charles Lyell. miniatura|100px|dereita|Florentino López Cuevillas. 1601 - Jean Eudes, sacerdote francés, santo católico (m. 1680) 1650 - Guillerme III de Inglaterra, rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda (m. 1702). 1719 - Leopold Mozart, músico austríaco (m. 1787) 1738 - Xosé Ferreiro, escultor neoclásico galego (m. 1830). 1765 - Robert Fulton, enxeñeiro estadounidense (m. 1815) 1771 - Marie François Xavier Bichat, anatomista francés (m. 1802) 1797 - Charles Lyell, xeólogo escocés. 1840 - Claude Monet, pintor francés. 1884 - Severino Chacón Bergueiro, sindicalista galego (m. 1978). 1885 - Sonia Delaunay, pintora ucraína de orixe xudía. 1886 - Florentino López Cuevillas, arqueólogo e escritor galego (m. 1958). 1887 - Euxenio Charlón, escritor teatral galego (m. 1930). 1887 - Amadeo de Souza-Cardoso, pintor portugués (m. 1918) 1889 - Jawaharlal Nehru, político indio (m. 1964). 1897 - Avelino Díaz, escritor galego (m. 1961). 1906 - Louise Brooks, actriz estadounidense (m. 1985) 1907 - Astrid Lindgren, autora sueca de literatura infantil (m. 2002). 1928 - Inmaculada Paz-Andrade, científica galega. 1930 - Celso Montero, sacerdote, xornalista e político galego (m. 2003). 1935 - Hussein I de Xordania, rei de Xordania (m. 1999). 1953 - Manuel Cabezas, político galego. 1953 - Dominique de Villepin, político francés 1954 - Bernard Hinault, ciclista francés.
Mortes miniatura|100px|dereita|Ramón Menéndez Pidal. 1263 - Alexandre Nevski, Gran Príncipe de Novgorod e Vladimir (n. 1220). 1716 - Leibniz, filósofo e matemático alemán. 1763 - Antonio Rioboo Seijas, sacerdote, poeta e escritor ilustrado galego (n. 1685). 1831 - Georg Wilhelm Friedrich Hegel, filósofo alemán (n. 1770). 1831 - Ignaz Pleyel, compositor, editor musical e fabricante de pianos austríaco (n. 1757). 1832 - Rasmus Rask, filólogo, lingüista e polígrafo dinamarqués (n. 1787). 1931 - Ramón Rebellón Zubiri, avogado e político galego (n. 1855). 1946 - Manuel de Falla, compositor romántico andaluz (n. 1876). 1968 - Ramón Menéndez Pidal, lingüista, crítico literario e historiador galego (n. 1869). 1977 - Severino Iglesias Siso, político galego. 1988 - César Torres Martínez, avogado e político republicano galego (n. 1905).
Festas e celebracións Día Mundial da Diabetes
Outros Santoral: San Humberto e Santa Trahamunda.
Os 366 días do ano
Categoría:Novembro