O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.

Acontecementos 355 - en Francia, o emperador romano Constancio II eleva ao seu primo Xuliano o Apóstata ao rango de César, dándolle o goberno da prefectura dos galos. 931 - É coroado na cidade de León Ramiro II, rei de Galiza. 1860 - Abraham Lincoln convértese no primeiro republicano en chegar a Presidente dos Estados Unidos. 1887 - Constitúese o Celtic F.C. coma consecuencia da plasmación dunha idea caritativa do Irmán Walfrid. 1906 - Créase en Palma o primeiro instituto de oceanografía cun laboratorio de bioloxía mariña. 1917 - Comeza a Revolución rusa (con loitas entre os bolxeviques coas tropas tsaristas rusas) 1918 - Proclámase a Segunda República Polaca. 1935 - Eduardo Blanco Amor deixa pechada, antes de embarcar rumbo a Bos Aires, a edición de Seis poemas galegos de Federico García Lorca. 1936 - A anarquista Federica Montseny é nomeada ministra de Sanidade da II República. Foi a primeira muller en ocupar un ministerio na historia de España. 1948 - Execución na Coruña dos guerrilleiros antifranquistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane. 1962 - A Asemblea Xeral da ONU aproba a Resolución 1761 condenando o apartheid surafricano. 1963 - Guerra de Vietnam 1975 - Comeza a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental. 1982 - Santiago Carrillo é substituído na Secretaría Xeral do PCE por Gerardo Iglesias. En 1985 será expulsado do partido. 1999 - Os australianos votan manter á Raíña Británica como cabeza do Estado.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Sophia de Mello Breyner. 1754 - Léonard Bourdon, político revolucionario francés (m. 1807). 1796 - George Back navegante e explorador británico. (m. 1878) 1814 - Adolphe Sax, inventor de instrumentos musicais belga (m. 1894). 1822 - Eduardo Chao Fernández, naturalista, xornalista, historiador e político galego (m. 1887). 1835 - Cesare Lombroso, médico e criminólogo italiano (m. 1909). 1880 - Robert Musil, escritor austríaco (m. 1942). 1885 - Melchor Méndez Magariños, pintor e gravador galego-uruguaio (m. 1945). 1919 - Sophia de Mello Breyner, poetisa e escritora portuguesa (m. 2004). 1931 - Mike Nichols, director de cine estadounidense. 1940 - Clara Janés, poeta e tradutora catalá. 1942 - Félix Vidal Costa, físico e investigador galego. 1946 - Sally Field, actriz norteamericana. 1962 - Henrique Rabuñal, escritor e crítico literario galego. 1970 - Ethan Hawke, actor norteamericano.

Mortes miniatura|100px|Piotr Ilich Tchaikovski. 1893 - Piotr Ilich Tchaikovski, compositor ruso (n. 1840). 1935 - Henry Fairfield Osborn, paleontólogo norteamericano (n. 1857). 1946 - Luís Cornide Quiroga, avogado, empresario e político galego (n. 1884). 1998 - Niklas Luhmann, sociólogo alemán (n. 1927). 1999 - Luis Moure Mariño, escritor galego (n. 1915).

2006 - Francisco Fernández Ochoa, esquiador español; gañador das olimpíadas do inverno no 1972. 2010 - Herminio Barreiro, docente e pedagogo galego (n. 1937). 2010 - Rogelio Arca Rivas, canteiro e miliciano anarquista galego (n. 1913). 2025 - James Watson, biólogo e zoólogo estadounidense (n. 1928).

Festas e celebracións Día Internacional para a prevención da explotación do ambiente na guerra e nos conflitos armados

Outros

Os 366 días do ano

06