O 9 de novembro é o 313º día do ano do calendario gregoriano e 314º nos anos bisestos. Quedan 52 días para rematar o ano.

Acontecementos 324: en Roma (Italia), o papa Silvestre I consagra a Arquibasílica do Salvador e dos santos Xoán o Bautista e Xoán o Evanxelista). 1799 - Napoleón Bonaparte e Emmanuel Joseph Sieyès lideran o Golpe de Estado do 18 de Brumario, destituíndo o goberno revolucionario francés. 1936 - Os militares Enrique Salcedo Molinuevo e Rogelio Caridad Pita son fusilados en Ferrol por se negaren a secundar a sublevación do 18 de xullo de 1936. 1936 - Asasinados en Tenorio 11 republicanos: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, Eliseo Garra Lalín e José Montouto Rodríguez, de Lalín; Alfonso Alonso Portugués, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo e Telmo Rodríguez Alonso, de Arbo; e Antonio Picallo Buela, da Estrada. 1938 - En Alemaña, os nazis deteñen máis de 35 000 xudeus e destrúen as súas propiedades na Noite dos cristais rotos.

1965 - Grande apagamento de Nova York: un corte na subministración eléctrica afecta durante 14 horas a 7 estados americanos (cun total de máis de 30 millóns de persoas). 1983 - O Consello de Ministros español aproba o proxecto de lei sobre obxección de conciencia e institúe a prestación social substitutoria do servizo militar. 1989 - Cae o Muro de Berlín. 2014 - Celébrase a Consulta sobre a independencia de Cataluña.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Iván Turguiéñef 1757 - Antonio Ruíz de Padrón, sacerdote, ilustrado e liberal (m. 1823). 1818 - Iván Turguiéñef, escritor ruso (m. 1883). 1837 - Antonio López Ferreiro, galego, sacerdote , historiador, escritor bilingüe (m. 1910). 1872 - Xesús San Luís Romero, autor teatral galego (m. 1966). 1888 - Jean Monnet, político francés, un dos pais da Unión Europea (m. 1979). 1894 - Xosé Veiga Roel, debuxante e fotógrafo galego (m. 1976). 1895 - Xoán Xesús González, xornalista, avogado e político galego (m. 1936). 1897 - Ronald George Wreyford Norrish, químico inglés (m. 1978). 1900 - Xosé Otero Espasandín, científico e escritor galego (m. 1987).

1911 - Antonio Román, director e guionista de cine galego (m. 1989). 1921 - Lauro Olmo Gallego, autor teatral galego (m. 1994). 1922 - Imre Lakatos, filósofo da ciencia húngaro (m. 1974). 1928 - Anne Sexton, poeta estadounidense (m. 1974). 1934 - Carl Edward Sagan, astrofísico e matemático estadounidense. 1936 - Luís Blanco Vila, xornalista e escritor galego. 1940 - Arturo Conde Aldemira, arquitecto galego.

Mortes miniatura|100px|dereita|Manuel Leiras Pulpeiro. miniatura|100px|dereita|Ramón Cabanillas. 1778 - Giovanni Battista Piranesi, arquitecto e gravador italiano (n. 1720). 1801 - Carl Stamitz, compositor bohemio virtuoso do violín (n. 1745). 1853 - Manuel Varela Limia, militar e político galego (n. 1796). 1912 - Manuel Leiras Pulpeiro, médico e escritor galego (n. 1854). 1925 - Máximo Tomé González, xornalista galego. 1931 - Santiago de la Iglesia Santos, médico e naturalista galego (n. 1851). 1936 - José Gómez Sampayo, médico e político galego. 1936 - Luís Frade Pazos, sindicalista e político galego (n. 1894).

1937 - Alfonso de Cal, avogado, xornalista e político galego. 1944 - Miklós Radnóti, poeta húngaro (n. 1909). 1952 - Chaim Weizmann, primeiro presidente de Israel (n. 1874). 1953 - Dylan Thomas, poeta galés (n. 1914). 1953 - Abdul Aziz Al-Saud, primeiro rei de Arabia Saudita. 1959 - Ramón Cabanillas, escritor galego (n. 1876). 1991 - Yves Montand, actor de cinema e cantante francés (n. 1921). 1997 - Carl Hempel, empirista lóxico e epistemólogo alemán (n. 1905)

Festas e celebracións Día da Independencia en Camboxa (1953). Día do Inventor.

Outros Santoral: Santo Agripino de Nápoles.

Os 366 días do ano

09