O 31 de xaneiro é o 31º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 334 días para finalizar o ano, 335 nos anos bisestos.
Acontecementos 1809 - As tropas de Napoleón ocupan a cidade de Vigo. 1906 - Ecuador: un sismo de 8,8 rexistrado cerca da costa de Ecuador e Colombia xerou un forte tsunami que matou ata 1.000 persoas. Sentiuse o longo da costa pacífica de América Central ata San Francisco e tan lonxe coma no oeste do Xapón. 1915 - Primeira guerra mundial: os alemáns usan gas velenoso contra os rusos 1929 - Lev Trotski é exilado pola Unión Soviética 1999 - Nos Estados Unidos, a cadea Fox difunde o primeiro episodio da serie animada Family Guy.
Nacementos miniatura|100px|Concepción Arenal. miniatura|100px|Manuel Amor Meilán. 1797 - Franz Schubert, compositor austríaco (n. 1828). 1820 - Concepción Arenal, escritora, pensadora e penalista galega (m. 1893). 1858 - Santiago Tafall, organista nado en Santiago de Compostela. 1867 - Manuel Portela Valladares, xornalista e político galego. 1867 - Manuel Amor Meilán, escritor e antropólogo galego. 1881 - Irving Langmuir, físico e químico estadounidense (m. 1957). 1898 - Xavier Bóveda, xornalista e escritor galego (m. 1963). 1902 - Alva Myrdal, diplomática sueca (m. 1986). 1908 - Atahualpa Yupanqui, músico e escritor arxentino (m. 1992). 1909 - Gabriel Pita da Veiga, militar e político galego (m. 1993). 1923 - Norman Mailer, xornalista e escritor estadounidense. 1925 - Manuel Jalón Corominas, enxeñeiro aeronáutico e inventor español que inventou e patentou a fregona en 1964 (m. 2011). 1937 - Philip Glass, músico estadounidense. 1937 - Luis del Olmo, xornalista de radio español. 1937 - Raúl Vázquez Gómez, profesor galego (m. 2000). 1940 - Xosé Lois Ripalda González, escritor galego. 1946 - Juan José Millás, escritor español. 1954 - Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela. 1956 - Artur Mas, economista e político catalán.
Mortes miniatura|100px|John Galsworthy. miniatura|100px|Ragnar Frisch. 1580 - Henrique I, Rei de Portugal. 1632 - Joost Bürgi, matemático e reloxeiro suízo. 1665 - Johannes Clauberg, filósofo e teólogo alemán. 1686 - Jean Mairet, dramaturgo francés. 1729 - Jakob Roggeveen, explorador holandés. 1788 - Carlos Eduardo Estuardo, o Pretendente, aristócrata italiano. 1794 - Marriott Arbuthnot, almirante británico. 1866 - Friedrich Rückert, escritor e poeta alemán. 1888 - San Xoán Bosco, fundador da Orde dos Salesianos. 1933 - John Galsworthy, novelista e dramaturgo inglés, Premio Nobel de Literatura en 1932. 1944 - Jean Giraudoux, dramaturgo francés. 1954 - Edwin Armstrong, enxeñeiro e inventor estadounidense. 1955 - John Raleigh Mott, promotor da Asociación Cristiá de Mozos (YMCA) e Premio Nobel da Paz en 1946. 1956 - Robustiano Fernández Cochón, arquitecto galego (n. 1907). 1967 - Ulpiano Villanueva Castro, médico galego (n. 1900). 1971 - Viktor Maksimovich Zhirmunsky, historiador e lingüista ruso. 1972 - Xosé Velo, político galego (n. 1916). 1972 - Mahendra Bir Bikram Shah, rei do Nepal. 1973 - Ragnar Frisch, economista noruegués. 1974 - Samuel Goldwyn, produtor de cine estadounidense. 1994 - Erwin Strittmatter, escritor alemán. 1995 - George Robert Stibitz, científico estadounidense. 2001 - Manuel Molezún, primeiro atleta coruñés en participar nunhas olimpíadas e afamado pintor. 2018 - Domingos Merino, político galego (n. 1939). 2020 - Mary Higgins Clark, escritora estadounidense (n. 1927). 2026 - Francisco García Suárez, político (n. 1957).
Festas e celebracións Día Internacional do Mago. Día Internacional das Cebras.
Outros Santoral: San Xoán Bosco.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
Categoría:Xaneiro