O a'tong é unha lingua sino-tibetana, do grupo bodo-garo, estreitamente relacionada coas linguas koch, rabha, bodo e garo.Jacquesson, François. 2006. La réconstruction du passé: le cas des langues boro-garo. Bulletin de la Société Linguistique de Paris 101(1), 273-303 O atong está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O pobo a'tong vive no curso baixo do río Someswari ou Simsang, na India (nas Garo Hills, estado de Meghalaya) e en Bangladesh (distrito de Mymensingh). O dialecto falado en Bangladesh, denominado Ating, é significativamente diferente do da India. A última investigación sobre o número de falantes é de comezos do século XX, dando 15.000 falantes (10.000 nas Garo Hills e 5.000 en Mymensingh).

Algúns lingüistas afirman que o a'tong podería ser un dialecto da lingua Koch, e os a'Tong considéranse parte do pobo garo, a pesar de que o a'Tong non é comprensible para o resto dos garos. A lingua goza de gran vitalidade, úsanna todos os grupos de idade no seu territorio tradicional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue Proxecto Rosetta

Categoría:Linguas sino-tibetanas Categoría:Linguas da India