O 8 de abril é o 98º día do ano do calendario gregoriano e o 99º nos anos bisestos. Quedan 267 días para finalizar o ano.

Acontecementos 217 - Asasinato do emperador romano Caracalla polo prefecto da súa Garda Pretoriana e sucesor, Marcus Opellius Macrinus. 1820 - Descóbrese a Venus de Milo na illa exea de Milos. 1904 - Francia e o Reino Unido asinan a Entente Cordial. 1939 - España retírase da Sociedade de Nacións. 1940 - Tropas alemás invaden Noruega e ocupan Dinamarca. 1953 - O líder Mau Mau Jomo Kenyatta, condenado polas autoridades británicas de Kenya. 1957 - Exipto reabre o Canal de Suez para o tráfico marítimo. 1977 - Sábado de Gloria, queda legalizado o Partido Comunista de España, por decisión persoal de Adolfo Suárez. 1986 - O actor Clint Eastwood é elixido alcalde de Carmel-by-the-Sea (California).

Nacementos miniatura|100px|Jacques Brel. 563 a.C. - Gautama Buddha, líder relixioso indio (- 483). 1320 - Pedro I "o xusticeiro", rei de Portugal (m. 1367). 1605 - Filipe IV de España. 1798 - Ramón de la Sagra, biólogo e anarquista galego (m. 1871). 1875 - Alberte I, rei de Bélxica (m. 1934). 1878 - Dionizy Kajetanowicz, presbítero católico armeno-polaco. 1892 - Mary Pickford, actriz canadense e fundadora de estudios cinematográficos (m. 1979). 1892 - Alfredo Somoza Gutiérrez, político galego (m. 1951). 1893 - Vicente Gómez Paratcha, avogado e diplomático galego (m. 1961). 1908 - Ida Kar, fotógrafa rusa de orixe armenia (m. 1974). 1909 - John Fante, escritor estadounidense (m. 1983). 1911 - Emil Cioran, filósofo e ensaísta romanés (m. 1995). 1929 - Jacques Brel, cantautor belga (m. 1978). 1930 - Carlos Hugo de Borbón-Parma, pretendente carlista á coroa de España (m. 2010). 1936 - Manuel Aramburu, pintor galego. 1938 - Kofi Annan, ex-Secretario Xeral das Nacións Unidas. 1940 - Chicho Sánchez Ferlosio, cantautor español (m. 2003). 1944 - Odd Nerdrum, pintor noruegués. 1955 - Barbara Kingsolver, novelista estadounidense. 1962 - Ramón Mariño Paz, escritor e lingüista galego. 1968 - Patricia Arquette, directora de cine estadounidense. 1969 - Dulce Pontes, cantante de fado portuguesa.

1992 - Zulema González, árbitra internacional de fútbol galega

Mortes miniatura|100px|Pablo Picasso. 217 - Caracalla, emperador romano (n. 186). 632 - Cariberto II, rei de Aquitania. 1492 - Lourenzo de Medici, "O Magnífico", gobernante de Florencia e patrón das artes. 1835 - Wilhelm von Humboldt, lingüista, diplomático e filósofo alemán (n. 1767). 1848 - Gaetano Donizetti, compositor de óperas italiano (n. 1797). 1913 - Modesto Domínguez Hervella, matemático e enxeñeiro galego (n. 1827). 1931 - Erik Axel Karlfeldt, poeta sueco (n. 1864). 1936 - Robert Bárány, médico austríaco de orixe húngara. 1937 - Casto Sampedro Folgar, avogado e historiador galego (n. 1848). 1950 - Vatslav Nizhinskii, bailarín nado en Kíiv (n. 1890). 1958 - Ethel Turner, escritora británica. 1970 - Julius Pokorny, estudoso das linguas celtas. 1973 - Pablo Picasso, pintor español. 2003 - José Couso Permuy, xornalista ferrolán asasinado en Iraq por tropas estadounidenses. 2009 - Henri Meschonnic, escritor e tradutor francés (n. 1932). 2013 - Sara Montiel, actriz e cantante española (n. 1928). 2013 - Margaret Thatcher, política británica (n. 1925).

Festas e celebracións Día Internacional do Pobo Xitano. A data conmemora o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano "El pueblo gitano celebra su día internacional", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 8.04.2015 .

Outros Santoral: Santos Gastón, Amancio e Dionisio

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Os 366 días do ano

08