O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.

Acontecementos 455 - Roma é saqueada polos vándalos de Xenserico. 1625 - A cidade de Breda réndese ao exército español de Ambrosio de Spínola. 1861 - Primeiros Xogos Florais da Coruña. 1875 - O escocés Alexander Graham Bell inventa o micrófono de membrana para o seu teléfono. 1896 - En Gran Bretaña, Guglielmo Marconi patenta a radio. 1946 - Proclamada por referendo a República en Italia. 1949 - Transxordania pasa a denominarse oficialmente Xordania. 1953 - A Raíña Isabel II do Reino Unido recibe a coroa na Abadía de Westminster. 2014 - O Rei Xoán Carlos I de España anuncia a súa abdicación no seu fillo Filipe de Borbón e Grecia.

Nacementos miniatura|100px|Alessandro Cagliostro. miniatura|100px|Tarsy Carballas. 1743 - Alessandro Cagliostro, viaxeiro, ocultista e masón (m. 1795). 1801 - Eduard Gaertner, pintor alemán (m. 1877) 1812 - Domingo Díaz de Robles, militar e escritor galego (m. 1867). 1833 - Segismundo Moret, político español (m. 1913). 1835 - Papa Pío X (m. 1914). 1843 - Adolfo Merelles Caula, avogado e político galego (m. 1911). 1846 - Victorino Abente Lago, escritor galego (m. 1935). 1857 - Karl Gjellerup, dramaturgo e novelista danés (m. 1919). 1857 - Edward Elgar, compositor británico (m. 1934). 1888 - Antonio Couceiro Freijomil, escritor galego (m. 1955). 1903 - Max Aub, escritor (m. 1972). 1904 - Johnny Weissmuller, nadador e actor intérprete de Tarzán (m. 1984). 1934 - Tarsy Carballas, científica galega 1941 - Suso Peña, artista galego (m. 2005). 1964 - Mark Lipovetsky, crítico cultural ruso. 1964 - Abel Losada, político galego.

Mortes miniatura|100px|Bo Diddley. 1874 - Agustín María Acevedo Rodríguez, ilustrado médico e escritor galego (n. 1806). 1882 - Giuseppe Garibaldi, revolucionario italiano, que loitou pola unificación de seu país (n. 1807). 1888 - Marcelino Sanz de Sautuola, arqueólogo español (n. 1831). 1905 - Benito María Hermida Verea, político galego (n. 1825). 1911 - Enrique Campo, pintor e debuxante pontevedrés (n. 1890). 1971 - José María Crespo Rodríguez, profesor e escritor galego (n. 1882). 1981 - Dimas Romero Vázquez, médico galego (n. 1918). 1995 - Amadeo Goyanes Vázquez, luthier e gaiteiro galego (n. 1915) 1996 - Pilar Lorengar, soprano española (n. 1928). 2004 - Enrique Alvarellos, músico, escritor e editor galego (n. 1931). 2008 - Bo Diddley, guitarrista e compositor de rhythm and blues, pioneiro do rock and roll (n. 1928)

Festas e celebracións Festa della Repubblica (Festa da República), na Italia

Outros Santoral: Santos Marcelino, Paulino, Pedro e Xermán.

Os 366 días do ano

02