O 4 de abril é o 94º día do ano do calendario gregoriano e o 95º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1809 - As "Alarmas do Morrazo", lideradas por Juan Gago de Mendoza, asaltan o forte de San Fernando en Marín e renderon a gornición francesa. 1814 - Napoleón Bonaparte abdica por primeira vez. 1846 - A cidade de Santiago súmase ao pronunciamento iniciado en Lugo por Miguel Solís. 1949 - Fúndase a OTAN. 1972 - Mendozazo, protesta social en Mendoza.
Nacementos miniatura|100px|dereita|Marguerite Duras. 186 - Caracalla, emperador romano. 1787 - Joaquín Mosquera, presidente de Colombia. 1819 - María II de Portugal, raíña de Portugal. 1841 - Isidoro Brocos, escultor galego. 1880 - José Costa Figueiras, escritor e xornalista galego. 1892 - Edith Södergran, poeta fino-sueca (m. 1923). 1902 - Enrique Peinador Porrúa, avogado, xornalista e político galego (m. 1940). 1903 - José María Acuña López, escultor galego. 1904 - Herminia Fariña Cobián, poeta e dramaturga galega. (m. 1967). 1907 - Ramón Martínez López, filólogo e político galego (m. 1989). 1914 - Marguerite Duras, escritora francesa. 1920 - Éric Rohmer, director de cine francés. 1932 - Andrei Tarkovskii, cineasta ruso. 1932 - Álvaro Rodríguez Eiras, político e empresario galego. 1945 - Xosé Antón Gaciño, editor e xornalista galego. 1951 - Mercedes Milá, xornalista catalá. 1952 - Antón Sobral, profesor, escritor e pintor galego. 1959 - Aki Kaurismäki, director de cinema finés. 1965 - Serxio Pazos, actor, presentador e reporteiro galego. 1977 - Iago Caamaño, piloto galego de rally. 1979 - Heath Ledger, actor australiano (m. 2008). 1985 - María Obelleiro Hermida, xornalista galega.
Mortes miniatura|100px|dereita|Martin Luther King. miniatura|100px|dereita|Salgueiro Maia. 1284 - Afonso X o Sabio, rei e escritor, en Toledo (n. 1221). 1879 - Heinrich Wilhelm Dove, físico alemán. 1886 - Eugenio Alau, médico e político español (n. 1816). 1912 - Valentín García Escudero, notario e político galego (n. 1833). 1923 - John Venn, matemático británico. 1924 - Eduardo Vincenti, político galego. 1924 - Louis Sullivan, arquitecto estadounidense. 1928 - Antonio Garrido Villazán, militar, xornalista e escritor galego (n. 1855). 1943 - Valeriano Villanueva, militar e estudoso da agricultura galego. 1953 - Enrique Hervada García-Sampedro, médico galego (n. 1883). 1968 - Martin Luther King, activista político estadounidense, é asasinado en Memphis. 1986 - Xerardo Álvarez Gallego, escritor e político galego. 1992 - Salgueiro Maia, militar portugués (n. 1944). 2009 - Pilar Escudero Ferro, pintora galega (n. 1904) 2015 - María Pineda, modelo española (n. 1960). 2016 - Chus Lampreave, actriz española (n. 1930). 2017 - Giovanni Sartori, politicólogo italiano (n. 1924). 2020 - Luis Eduardo Aute, poeta, cantautor, pintor, director de cinema, actor, escultor español (n. 1943).
Festas e celebracións
Outros Santoral: Santo Isidoro.
Os 366 días do ano
04