O 2 de abril é o 92º día do ano do calendario gregoriano e o 93º nos anos bisestos. Quedan 273 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1846 - Iníciase a revolución galega de 1846 co pronunciamento do coronel Miguel Solís en Lugo. 1851 - Primeira exhibición da luz eléctrica en Galicia: iluminación experimental (só durante dúas horas) do claustro da actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela "La luz que barrió las tinieblas", en La Voz de Galicia 23.05.2010. 1930 - Haile Selassie é proclamado emperador de Etiopía. 1982 - Arxentina ocupa militarmente as illas Malvinas, dando inicio á Guerra das Malvinas.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Émile Zola. 742 - Carlomagno. 1725 - Giacomo Casanova, aventureiro, viaxeiro e escritor italiano (m. 1798). 1805 - Hans Christian Andersen, escritor, etnógrafo e lingüista danés. 1840 - Émile Zola, escritor francés. 1860 - Florencio Vaamonde Lores, historiador e escritor galego. 1891 - Max Ernst, artista plástico alemán. 1914 - Alec Guinness, actor británico (m. 2000). 1927 - Serge Hutin, francmasón e escritor francés (m. 1997). 1928 - Serge Gainsbourg, músico, actor e director de cinema francés (m. 1991). 1940 - Juan Blanco, político galego. 1945 - Gloria Cámara, actriz galega. 1947 - Camille Paglia, humanista estadounidense. 1950 - Marcial Dorado, empresario galego. 1962 - Suso Lista, actor galego. 1968 - Rafa Villar, escritor e político galego. 1971 - Carlos Solla Varela, escritor e etnógrafo galego. 1977 - Michael Fassbender, actor alemán.

Mortes miniatura|100px|dereita|Samuel Morse. 1872 - Samuel Morse, inventor estadounidense. 1880 - Joaquín Gaite Núñez, médico, profesor e xornalista galego (n. 1820). 1914 - Paul von Heyse, escritor alemán (n. 1830). 1932 - Hermann Rorschach, psiquiatra e psicanalista suízo (n. 1884). 1934 - Xurxo Lorenzo Fernández, investigador e debuxante, irmán de Xaquín Lorenzo, Xocas. (n. 1910).A Gran Enciclopedia Galega dá o 3 de abril como data da morte. 1938 - Eduardo Araujo Conde, sindicalista e político galego. 1948 - Xesús Culebras, veterinario e intelectual galeguista (n. 1879). 1974 - Georges Pompidou, presidente de Francia (n. 1911). 1996 - Antonio Ortiz Ramírez, anarquista catalán (n. 1907). 1998 - Agustín Magán, actor e director teatral galego (n. 1918). 2001 - María Dolores Vila Jato, historiadora galega da arte. 2005 - Xoán Paulo II, de nome Karol Wojtyła, primeiro Papa non italiano nos derradeiros 455 anos (elixido o 16 de outubro do 1978). 2013 - Jesús Franco, director de cine español (n. 1930). 2015 - Manoel de Oliveira, director de cine portugués (n. 1908).

Festas e celebracións Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Outros Santoral: San Francisco de Paula.

Os 366 días do ano

Notas

02