O 3 de xuño é o 154º día do ano do calendario gregoriano e o 155º nos anos bisestos. Quedan 211 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1098 - Os Cruzados toman Antioquía, na Turquía. 1940 - A Luftwaffe bombardea París. 1940 - Termina a batalla de Dunquerque, na segunda guerra mundial, coa evacuación de tropas inglesas e francesas e vitoria alemá. 1989 - O goberno da República Popular da China manda tropas á praza de Tiananmen para dispersar as persoas que protestaban, despois de 7 semanas. 2006 - Montenegro declárase independente de Serbia e Montenegro.
Nacementos miniatura|100px|dereita|María do Carme Kruckenberg. miniatura|100px|Jill Biden. 1808 - Jefferson Davis, presidente dos Estados Confederados de América (m. 1889). 1873 - Otto Loewi, farmacoloxista alemán, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1961). 1876 - Ramón Cabanillas, escritor galego (m. 1959). 1877 - Raoul Dufy, pintor francés (m. 1953). 1899 - Georg von Békésy, gañador do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1972). 1905 - Ramón Iglesia Parga, historiador galego (m. 1948). 1911 - Paulette Goddard, actriz norteamericana (m. 1990). 1911 - Antonio López Acuña, escritor e xornalista galego. 1922 - Alain Resnais, director de cinema francés. 1924 - Torsten Wiesel, investigador sueco, gañador do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 1925 - Tony Curtis, actor norteamericano. 1926 - Allen Ginsberg, poeta norteamericano (m. 1997). 1926 - María do Carme Kruckenberg, poeta galega. 1931 - Raúl Castro, revolucionario e presidente cubano. 1942 - Curtis Mayfield, cantor e compositor norteamericano (m. 1999). 1944 - Manuel Uhía Lima, pintor e ilustrador galego. 1951 – Jill Biden, primeira dama estadounidense. 1965 - Ramón Loureiro, escritor galego. 1968 - Ingeborg María Rossel, política galega.
Mortes miniatura|100px|Georges Bizet. 1874 - Benito Plá Cancela, avogado, escritor e político galego (n. 1812). 1875 - Georges Bizet, compositor francés (n. 1838). 1899 - Johann Strauss II, compositor austríaco (n. 1825). 1924 - Franz Kafka, escritor checo (n. 1883). 1925 - Manuel Comellas Coímbra, mestre, escritor e poeta do rexurdimento e intersecular. (n. 1853). 1963 - Papa Xoán XXIII (n. 1881). 1964 - Frans Emil Sillanpää, escritor finlandés, Premio Nobel de Literatura (n. 1888). 1975 - Eisaku Sato, primeiro ministro do Xapón, Premio Nobel da Paz (n. 1901). 1977 - Roberto Rossellini, director italiano de cinema (n. 1906). 1989 - Aiatolá Ruhollah Khomeini, xefe espiritual do Irán (n. 1900). 1997 - Salvador Velayos Hermida, científico galego (n. 1908). 1999 - Marcelino Fernández Villanueva, militar republicano e guerrilleiro antifranquista (n. 1914). 2001 - Anthony Quinn, actor mexicano (n. 1915) 2010 - Rue McClanahan, actriz estadounidense (n. 1934). 2013 - Indalecio Tizón Covelo, político galego. 2016 - Muhammad Ali, boxeador estadounidense (n. 1942). 2019 - Agustina Bessa-Luís, escritora portuguesa (n. 1922).
Festas e celebracións Día Mundial da Bicicleta
Outros Santoral: Santos Carlos Lwanga, Kevin, Clotilde, Isaac e Oliva.
Notas
Os 366 días do ano
03