O 7 de novembro é o 311º día do ano do calendario gregoriano e 312º nos anos bisestos. Quedan 54 días para rematar o ano.

Acontecementos 1659 - Asínase o Tratado dos Pireneos entre o cardeal Mazarino, en representación francesa, e don Luís de Haro, en representación española. 1665 - A London Gazette, o máis antigo xornal aínda publicado, sae por vez primeira á rúa. 1917 - Revolución de Outubro (segundo o calendario ortodoxo) en Rusia. 1921 - Fundación do Partido Nacional Fascista en Italia 1938 - As forzas aéreas do Exército Popular da República española realizan, sen previo aviso, o bombardeo de Cabra, causando 109 mortos e máis de 200 feridos. 1969 - Unha orde ministerial crea o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela. 1996 - A NASA lanza a Mars Global Surveyor. 2006: primeira intervención en galego no Consello de Ministros da Unión Europea, honra que lle correspondeu a Ricardo Varela Sánchez, conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia.Dez anos da primeira vez que se falou galego nun Consello da UE

Nacementos miniatura|100px|Marie Curie. 1598 - Francisco de Zurbarán, pintor español 1838 - Auguste Villiers de l'Isle-Adam, escritor francés. 1867 - Marie Curie, química e física francesa de orixe polaca (m. 1934). 1878 - Lise Meitner, física austríaca (m. 1968). 1879 - Lev Trotski, político e revolucionario ruso (m. 1940) 1894 - Julio Rodríguez Yordi, escritor e xornalista galego (m. 1967). 1896 - David Díaz Rodríguez, sindicalista, xornalista e político galego (m. 1936).

1903 - Ary Barroso, compositor da Música Popular Brasileira (m. 1964). 1903 - Konrad Lorenz, naturalista e zoólogo austríaco (m. 1989).

1913 - Albert Camus, escritor e filósofo francés (m. 1960). 1929 - Jesús de Polanco, empresario español do sector da comunicación (m. 2007). 1940 - Antonio Skármeta, escritor chileno. 1957 - Roberto Blanco Valdés, escritor e xornalista galego. 1967 - David Guetta, DJ de música electrónica e produtor discográfico francés. 1973 - Yunjin Kim, actriz surcoreana.

Mortes 100px|miniatura|Alfred Russel Wallace en 1895. 1713 - Elizabeth Barry, actriz inglesa. 1913 - Alfred Russel Wallace, xeógrafo e naturalista inglés (n. 1823). 1923 - José Millán Astray, avogado, escritor e xornalista galego. 1924 - Alfredo Álvarez Pérez, arquitecto e filántropo galego (n. 1868). 1948 - Roxelio Rodríguez Díaz, escritor galego (n. 1888). 1962 - Eleanor Roosevelt, Primeira Dama estadounidense (n. 1884). 1980 - Steve McQueen, actor estadounidense (n. 1930). 2005 - John Fowles, escritor inglés (n. 1926). 2007 - Ramón Ferreira López, escritor galego (n. 1921) 2016 - Leonard Cohen, poeta e cantante canadense (n. 1934).

Festas e celebracións

Outros Santoral: San Amaranto de Albi, mártir; Santa Carina, mártir; San Florencio de Estrasburgo, bispo.

Os 366 días do ano Notas

07