O Oscar á mellor actriz secundaria é unha as categorías dos Premios Oscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles (California). Entrégase para premiar actrices con interpretacións destacadas en papeis non protagonistas na industria do cinema. O premio adoita ser entregado polo gañador do Óscar ao mellor actor secundario da edición anterior.
Na cerimonia da 9ª edición dos Óscar que tivo lugar en 1937, Gale Sondergaard foi a primeira gañadora polo seu papel en Anthony Adverse. Inicialmente, os gañadores nas categorías de interpretación secundaria recibían placas no canto de estatuas. A partir da 16ª edición, celebrada en 1944, os gañadores reciben estatuas de tamaño normal.
Dianne Wiest e Shelley Winters recibiron o maior número de premios, gañando en dúas ocasións. A pesar de non gañar nunca o premio, Thelma Ritter foi candidata en seis ocasións, máis que ningunha outra actriz.
Galardoadas por ano miniatura|120px|Gale Sondergaard foi a primeira gañadora nesta categoría por Anthony Adverse (1936). miniatura|120px|Hattie McDaniel gañou polo seu papel de Mammy en Foise co vento (1939), converténdose na primeira intérprete de raza negra que gañou un Óscar. miniatura|120px|Polo seu papel en Sayonara (1957), Miyoshi Umeki foi a primeira muller asiática que gañou un Óscar nunha categoría interpretativa. thumb|120px|Shelley Winters gañou en dúas ocasións nesta categoría, por The Diary of Anne Frank (1959) e A Patch of Blue (1965). miniatura|120px|Con dez anos, Tatum O'Neal é a candidata e gañadora máis nova nesta categoría, polo seu papel en Lúa de papel (1973). thumb|120px|Meryl Streep recibiu catro candidaturas nesta categoría, e gañou por Kramer vs. Kramer (1979). miniatura|120px|Con 77 anos, Peggy Ashcroft converteuse na gañadora de máis idade na categoría por A Passage to India (1984). miniatura|120px|Dianne Wiest gañou polas súas interpretacións en Hannah e as súas irmás (1986) e Balas sobre Broadway (1994), ambos dirixidos por Woody Allen. miniatura|120px|Cate Blanchett gañou por interpretar a Katharine Hepburn en The Aviator (2004), co que se converteu na primeira gañadora dun Óscar por interpretar a unha gañadora real dun Óscar. miniatura|170px|<center>Monique Imes, Oscará mellor actriz secundaria, 2009.<center> miniatura|170px|<center>Tilda Swinton, Oscará mellor actriz secundaria, 2007.<center> miniatura|170px|<center>Jennifer Hudson, Oscará mellor actriz secundaria, 2006.<center> miniatura|170px|<center>Rachel Weisz, Oscará mellor actriz secundaria, 2005.<center> miniatura|170px|<center>Catherine Zeta-Jones, Oscará mellor actriz secundaria, 2002.<center> miniatura|170px|<center>Marisa Tomei, Oscará mellor actriz secundaria, 1992.<center> En letra grosa as que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.