O Parlamento Foral de Navarra ou Cortes de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Parlamentua) é o órgano lexislativo da Comunidade Foral de Navarra. O Parlamento foi creado polo Amelloramento de 1982, supuxo a democratización das institucións existentes ata entón.

Historia Desde a súa creación e durante o franquismo, seguira existindo a Deputación Provincial de Navarra tal como foi definida na Lei de Modificación de Fueros de 1841, composta por sete deputados, elixidos por meiriñados.

Existía desde 1898 un órgano asesor en materias financeira e de administración municipal: o Consello Foral Administrativo. En 1978 UCD, para democratizar as institucións forais, propuxo que o Consello Foral estivese integrado por 119 conselleiros, 50 elixidos por sufraxio universal e 60 polos concellos, aos que se engadirían os cinco deputados ao Congreso e os catro senadores elixidos en Navarra. Exercería funcións normativas e elixiría aos membros da Deputación. Finalmente o Amelloramento establece a institución do Parlamento ou Cortes de Navarra no artigo 10 e regúlao nos artigos do 11 ao 22.

É a institución lexislativa da Comunidade, os seus membros son elixidos por sufraxio universal, para un período de catro anos e non deben ser menos de 40 nin máis de 60 (actualmente son 50). Os parlamentarios contan con foro de inviolabilidade polos votos e opinións emitidos no desenvolvemento das súas funcións.

Funcións Representación do pobo navarro. Potestade Lexislativa. Aprobación de Orzamentos e Contas de Navarra. Impulso e control do Goberno de Navarra. Designación de Senadores autonómicos. Nomeamento do Defensor do Pobo. Nomeamento do Presidente da Cámara de Comptos. Exercer a iniciativa prevista na Disposición transitoria cuarta da Constitución española de 1978 Exercer a iniciativa de para a separación da Comunidade Autónoma na que se incorporou

Sede O edificio do Parlamento atópase situado no rehabilitado edificio da Antiga Audiencia, Primeiro Ensanche, no Paseo de Sarasate de Pamplona. Anteriormente estivo situado no Palacio da Deputación Foral de Navarra, situado no mesmo paseo e enfrontado a este.

Composición

O Parlamento está composto por 50 parlamentarios elixidos por sufraxio universal. A X Lexislatura do Parlamento de Navarra comezou o 19 de xuño de 2019 coa celebración da sesión constitutiva da cámara onde tomaron posesión os 50 parlamentarios electos nos comicios de maio do mesmo ano.

89x89px Grupos parlamentarios e agrupacións no Parlamento de NavarraNome EscanosCandidaturaVoceiro/aLíder G.P. Navarra Suma2024x24px Navarra Suma alt=|32x32px UPN: 15 alt=|23x23px Ciudadanos: 3 alt=|20x20px PP: 2José Javier Esparza G.P. Partido Socialista de Navarra1120x20px Partido Socialista de Navarra Ramón Alzórriz María Victoria Chivite (P) G.P. Geroa Bai9alt=|23x23pxGeroa BaiUxue Barkos G.P. EH Bildu Nafarroa7alt=|22x22px Euskal Herria Bildu Bakartxo Ruiz A.P.F. Podemos-Ahal Dugu224x24px Podemos Mikel Buil G.P. Mixto–Izquierda-Ezkerra120x20px Izquierda-Ezkerra María Luisa de Simón

Presidentes A presidencia do parlamento sempre estivo en mans de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ou do Partido Socialista de Navarra (PSN) ata 2015. Ningún presidente estivo máis dunha lexislatura no cargo.

+Presidentes do Parlamento de NavarraLexislaturaPresidente/aPartidoMandatoParlamento ForalVíctor Manuel Arbeloa Muru25x25px PSN-PSOE1979-1983I lexislaturaBalbino Bados Artizalt=|24x24px UPN1983-1987II lexislaturaJavier Gómara Granadaalt=|24x24px UPN1987-1991III lexislaturaJavier Otano Cid24x24px PSN-PSOE1991-1995IV lexislaturaLola Eguren Apesteguía24x24px PSN-PSOE1995-1999V lexislaturaJosé Luis Castejón Garrués24x24px PSN-PSOE1999-2003VI lexislaturaRafael Gurrea Induráinalt=|24x24px UPN2003-2007VII lexislaturaElena Torres Miranda24x24px PSN-PSOE2007-2011VIII lexislaturaAlberto Catalán Higuerasalt=|24x24px UPN2011-2015IX lexislaturaAinhoa Aznárez Igarza24x24px Podemos2015-2019X lexislaturaUnai Hualde Iglesiasalt=|23x23pxGeroa Bai2019-2023

Véxase tamén Cortes de Navarra

Ligazóns externas Páxina web do Parlamento de Navarra

Categoría:Política de Navarra Navarra