Non se debe confundir co departamento de Loiret, un departamento do norte de Francia.
Loira (42) (en francés: Loire) é o departamento número 42 de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. O nome vénlle dado polo río Loira. O seu xentilicio, en francés, é ligériens.
O departamento do Loira foi creado durante a Revolución francesa, o 12 de agosto de 1793, pola desmembración do antigo departamento de Ródano e Loira, que era un dos creados en 1790. Corresponde á antiga provincia de Forez.
Limita ao norte con Saona e Loira, ao leste con Ródano e Isère, ao sur con Ardèche e Alto Loira, e ao oeste con Puy-de-Dôme e Allier.
Demografía
As principais cidades do departamento son (poboación de 1999): Saint-Étienne: 180.210 habitantes, 291.960 na aglomeración, que desborda os límites departamentais. Saint-Chamond: 37.378 habitantes, 82.535 na aglomeración. Roanne: 38.896 habitantes, 80.272 na aglomeración. Saint-Just-Saint-Rambert: 13.192 habitantes, 45.386 na aglomeración.
Véxase tamén Ligazóns externas
Prefectura Conseil général consello executivo do departamento - CG42 Loira turismo Axencia de desenvolvemento económico do Loira - Comité d'expansion
Loira