A estraña que hai en ti (en ) é un filme americano realizado por Neil Jordan. A súa estrea tivo lugar nos Estados Unidos o 14 de setembro de 2007. Estreouse en galego na TVG o 5 de marzo de 2011.

Sinopse Despois do seu prometido David (Naveen Andrews) ter sido asasinado, Erica Bain (Jodie Foster) inicia a caza dos posíbeis sospeitosos coa perspectiva dunha vinganza letal. Mentres é seguida polo detective Mercer (Terrence Howard), Bain comeza a amosar precisamente as características homicidas que fixeran anacos a súa vida cando lle quitaran a vida ao seu prometido.

Personaxes Jodie Foster como Erica Bain Naveen Andrews como David Kirmani Terrence Howard como Detective Sean Mercer Nicky Katt como Detective Vitale Zoë Kravitz como Chloe Mary Steenburgen como Carol Jane Adams como Nicole Dana Eskelson como Sketch Artista Julia Garro como Shauna Nelson

Galardóns e nomeamentos 2007: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actriz - Drama (Jodie Foster).

Recepción Na fin de semana da estrea nos Estados Unidos, o filme foi o primeiro en portelo, recadando 13,4 millóns de dólares en 2755 cinemas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dirixidos por Neil Jordan Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Silver Pictures Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego