Roberta Flack, nada en Asheville (Carolina do Norte) o 10 de febreiro de 1937 e finada o 24 de febreiro de 2025, foi unha cantante de soul e quiet storm estadounidense.
Traxectoria Foi filla do organista da igrexa baptista de Ashville, polo que desde pequena se orientou musicalmente tocando o piano. Na súa mocidade recibiu nocións musicais e clases eventuais na Universidade Howard. Tras un período dando clases, foi descuberta por Less McCann cantando nun club de jazz. Moi pouco despois e grazas a el, asinou coa discográfica Atlantic.
Os seus dous primeiros álbums ("First take" en 1969 e "Chapter 2" en 1970) apenas soaron e non chegaron a colocar ningún sinxelo. Pero isto mudou cando na banda sonora de "Play Misty for Me" se incluíu unha versión de "The First Time Ever I Saw Your Face" (canción do cantante folk Ewan McColl, que xa aparecía no seu álbum debut. O sinxelo converteuse en número un e permaneceu no máis alto seis semanas, converténdose nun dos maiores éxitos de 1972. Nese mesmo ano uniuse co seu compañeiro de clase Donny Hathaway para gravar un álbum xuntos, do que se extraerían éxitos como "Where is the love" ou a versión do clásico de Carole King "You've got a friend". Pero o seu maior éxito chegaríalle en 1973 co tema "Killing me softly with his song", converténdose en número un durante cinco semanas e sendo un dos grandes éxitos da música contemporánea.
En 1974 volveu ás listas de vendas con "Feel Like Makin' Love". Nese mesmo ano tomouse un descanso para actuar con fins benéficas. Nos seguintes anos as súas aparicións eran escasas, pero continuaba traballando duro. En 1979 Donny Hathaway suicidábase, facendo volver á escena a Roberta. Afectada pola perda, buscou un novo compañeiro musical, Peabo Bryson, con quen fixo unha longa xira durante 1980. En 1983 gravaron xuntos, conseguindo o éxito con "Tonight, I Celebrate My Love". Durante toda a década dos 80 centrouse en actuar máis que en gravar, facendo numerosas xiras e actuando xunto a Miles Davis. Volveu ós postos altos das listas en 1991 co dueto "Set the Night to Music" xunto a Maxi Priest.
Desde a década de 1990 realizou xiras mundiais, nas que especialmente se centrou no jazz.
Discografía +ÁlbumsAnoTítuloDiscográfica1969First takeAtlantic1970Chapter twoAtlantic1971Quiet fireAtlantic1972Roberta Flack & Donny HathawayAtlantic1973Killing me softlyAtlantic1975Feel like makin' loveAtlantic1975In Concert: recorded with the Edmonton Symphony OrchestraDep Entertainment1977Blue lights in the basementAtlantic1978Roberta FlackAtlantic1980Roberta Flack featuring Donny HathawayAtlantic1981Bustin' looseMCA1982I'm the oneAtlantic1988OasisAtlantic1991Set the night to musicAtlantic1995RobertaAtlantic1997Christmas albumCapitol2003HolidayPunahele Productions
Premios +Grammy AwardsAnoTítuloCategoríaXénero1972Where is the loveMellor actuación de dúo ou grupoR&B1972The first time ever I saw your faceCanción do ano1973Killing me softly with his songMellor actuación vocal femeninaPop1973Killing me softly with his songCanción do ano
Véxase tamén
Categoría:Personalidades do soul Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Buncombe, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Estadounidenses de ascendencia camerunesa